Noticias

Lun, 27/05/2024

O Concello de Mesía informa de que está publicada na Plataforma de Contratación do Sector Público a licitación para a "Explotación do bar cafetería da piscina municipal", expediente C04-2024.

O prazo para a presentación de propostas remata o día 29/05/2023 ás 23.59 horas. 

Máis información no Perfil de Contratante da Plataforma de Contratación do Sector Público/Alcaldía del Ayuntamiento de Mesía/Licitaciones/C02E-2023 ou chamando ao concello ao 981687001.

Sáb, 25/05/2024
FESTA FIN DE CURSO ACTIVIDADES 2023-24 Concello de Mesía

O venres 31 de maio feramos a FESTA FIN DE CURSO 2023-24 das actividades municipais no CPI XANCEDA.

Aberta ao público para dara coñecer as multiples actividades ofertadas polo Concello en Cultura e Deportes para todas as idades.

16:30h FESTA INFANTIL

21:00h FESTA DE ADULTOS E MAIORES

Ao rematar as actuacións faremos entrega de detalles e daremos uns pinchos.

Ven, 10/05/2024

O Concello de Mesía publica os relatos gañadores do Concurso "Contamos Delas" organizado polo concello co motivo do Día Internacional da Muller.

Enhoraboa a todos/as os/as gañadores/as!

Poden ler os relatos en "Ler máis".

Lun, 29/04/2024

O Concello de Mesía aprobou o día 29/04/2024, por Decreto de Alcaldía núm. 179/2024, as bases reguladoras das axudas por nacemento de fillo/a, adopción e/ou acollemento durante o ano 2024 coa finalidade proporcionar apoio económico a aquelas familias na que se produza o nacemento, adopción ou acollemento dun novo membro da unidade familiar.

axuda consistirá no pagamento único de 300,00 € por cada nacemento, adopción ou acollemento.

A dita convocatoria foi publicado no Boletín Oficial da A Coruña núm. 108 o 05/06/2024. 

O prazo de presentación de solicitudes comezará mañá, día 6 de xuño e finalizará o 31 de decembro de 2024

As solicitudes presentaranse nas oficinas municipais, sen prexuízo do que dispón o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Máis información en "Ler máis".

Xov, 25/04/2024

O Concello de Mesía informa de que a Xunta de Galicia publicou, no DOG núm. 78, do 19/04/2024, a Orde do 12 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas económicas ás familias con persoas en situación de dependencia ou con discapacidade a través do programa Respiro familiar para persoas coidadoras e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento BS614B).

Serán subvencionables os gastos xerados no ano 2024 dos servizos constituídos polas actuacións que se desenvolvan no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 22 de novembro de 2024. 

Modalidades:

1. Respiro no fogar, para financiar a atención puntual, integral e directa no propio fogar da persoa dependente ou con discapacidade.

2. Modalidade de respiro en centro de día, para financiar os gastos da atención puntual, integral e directa en centros de día da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Respiro en residencia, para financiar estadias temporais en centros residenciais da CA de Galicia.

Persoas beneficiarias: Persoas coidadoras habituais non profesionais que atendan de forma continuada unha ou máis persoas dependentes ou con discapacidade ou en situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.

Prazo de solicitudesAta o 21 de outubro de 2024.

Máis información en "Ler máis".

Lun, 22/04/2024
PAI OS CAMIÑOS

Prazo para a presentación de solicitudes de preinscrición de prazas para o PAI "Os Camiños" para o curso 2024-2025:

- Nenos/as que xa estiveron  neste curso e queiran renovar a praza para o vindeiro curso, farase na primeira quincena de maio (do 1 ao 15 de maio, ambos inclusive).
- Nenos/as que acudan por primeira vez, o prazo de preinscrición para a nova matrícula será na primeira quincena de xuño (do 1 ao 15 de xuño, ambos inclusive).

Máis información en "Ler máis"

Mar, 16/04/2024
2ª SAÍDA DE SENDEIRISMO: VIA VERDE OROSO - ORDES

Realizaremos a segunda  SAÍDA o 21 de abril: 10 Kms - nivel sinxelo.

RUTA DA VÍA VERDE (Tramo 2: Oroso - Ordes)                       

Saída: Praza do concello en Xanceda ás 9:30 h. Regreso estimado sobre 14 h.

Prezo: 6 €. (A pagar tras a ruta por ingreso/transferencia bancaria).

Inscricións:  ata 17 de marzo na Casa da Cultura  981687241 ou por wasap no Grupo de Sendeirismo do Concello 609353115. 

Mínimo de inscritos 20.

Lun, 15/04/2024
GALA INTERMUNICIPAL DE PATINAXE 2024 - Concello de Mesía

Tras a fenda de 5 anos sen facerse ninguna Gala na contorna, o Concello de Mesía tomou a INICIATIVA e animouse a darlle esta EXPERIENCIA aos nenos e nenas das ESCOLAS MUNICIPAIS DE PATINAXE de Mesía, do Concello de Frades, do Concello de Curtis e do  Concello de Cerceda.
Tras facer un baile cada grupo, recibiron unha medalla e agasallos por participar.

Agradecemos a participación de deportistas e público.

Xov, 11/04/2024
LAT 132 KV evacuación PE Legre

ACORDO do 13 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto de LAT 132 kV evacuación do parque eólico Legre nos concellos de Oza-Cesuras e Mesía (A Coruña) (expediente IN408A 2020/143).

Co fin de evacuar a enerxía xerada no parque eólico Legre (expediente IN408A 2020/097, en tramitación, obxecto de proxecto independente) proxéctase unha liña de alta tensión de 132 kV, de 9,11 quilómetros de lonxitude, sen incluír o van destensado de conexión á subestación PE Legre (obxecto de proxecto independente) de aproximadamente 61,71 metros.

Solicitante/Promotor: GREEN CAPITAL POWER, S.L

A documentación que se expón:

1.- O proxecto de LAT 132 kV evacuación PE Legre (setembro 2023-visado o 2 de febreiro de 2024).

   1.1. Plano xeral do proxecto.

   1.2. Memoria xustificativa da declaración de utilidade pública e urxente ocupación (febreiro 2024-asinado o 14 de febreiro de 2024).

   1.3. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e dereitos afectados polo proxecto (RBDA).

   1.4. Planos individuais dos predios afectados polo proxecto.

2.- O estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto de LAT 132 kV evacuación PE Legre (decembro 2023-asinado o 20 de decembro de 2023)

O proxecto faise público para o coñecemento xeral e para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada na oficina técnica de urbanismo do concello os LUNS, MÉRCORES e VENRES en horario de 10:00 a 15:00 h, se é o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG). Publicado o xoves 11 de abril de 2024 no DOG Núm 71

Prazo para remitir alegacións/achegas/opinións:12/04/2024-27/05/2024

Mér, 10/04/2024
GALA INTERMUNICIPAL DE PATINAXE 2024 - Concello de Mesía

O sábado as 11h retomamos dende o Concello de Mesía as Galas de patinaxe tras 5 anos sen elas.

Lembramos que a última edición que se fixo cos concellos da contorna foi no 2019 e xa tiñamos gañas de xuntarnos cas escolas deportivas de patinaxe dos concellos que participarán nesta Gala de exhibición: serán máis de 100 deportistas dos concellos de Mesía, Curtis, Frades e Cerceda.

Farense once bailes de patinaxe por grupos de idade e ao rematar repartiremos uns detalles por participar.

Páxinas