Noticias

Ven, 18/10/2019

Presentamos o documento que recolle as Bases para a selección do alumnado traballador/a  e persoal do obradoiro de emprego "Brañas do Ulló- Río Samo II".

Puntuacións provisionais de candidatos/as para os postos de persoal do Obradoiro de emprego "Brañas do Ulló-Río Samo II"

Mér, 16/10/2019
Atenea García da Compañía Xarope Tulú

ACTUACIÓN NA CASA DA CULTURA, NESTE CASO NARRACIÓN ORAL (CONTACONTOS ) A CARGO DE ATENEA GARCÍA DA COMPAÑÍA XAROPE TULÚ .

DÍA: SÁBADO, 26 DE OUTUBRO.

HORA: 16:30.

PÚBLICO: 2º CICLO DE INFANTIL E PRIMARIA

 

Esta actuación esta incluída dentro do programa ler conta moito en igualdade

Mér, 16/10/2019


O Concello de Mesía apoiará, de cara o curso escolar 2019-2020, aos estudantes que residan no concello e cursen estudos de bacharelato ou formación profesional con título homologado fóra dos límites do concello, co fin de facilitarlles o seu desprazamento diario. Exclúense os estudos superiores (universitarios, doutorados, ...).



A convocatoria de axudas para o transporte escolar durante o curso 2019-2020 foi publicado no Boletín Oficial da Provincia núm. 185, do 30 de setembro de 2019.

O prazo para presentar a solicitude da dita axuda rematará o día 31.10.2019, inclusive.

Ver convocatoria e modelos de solicitude en "Ler máis".

Para máis información chamar ao concello ao 981687001.

 

Ven, 11/10/2019

A secretaria xeral de igualdade concedeu o Concello de Mesía un curso de “AUTODEFENSA PARA MULLERES ANTE SITUACIÓNS VIOLENTAS”.

Dito curso será impartido por especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade Do Estado.

Terá lugar os días 23 e 24 de outubro en horario de 10.30 a 14.30. Na Casa da Cultura de Xanceda.

Prazas: 10

Inscricións: Concello de Mesía ata o 15 de outubro. Telf: 981687007. Ext-3

Xov, 03/10/2019

O PLENO DA CORPORACIÓN EN SESIÓN EXTRAORDINARIA CELEBRADA O DÍA 9 DE SETEMBRO DO ACTUAL APROBOU INICIALMENTE O INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL NO LUGAR DE O CAMPO-MESÍA.

 

PODE CONSULTAR O TEXTO ÍNTEGRO DO DOCUMENTO EN LEER MÁIS

Xov, 03/10/2019
TÍTERERES O SÁBADO 5 DE OUTUBRO NA CASA DA CULTURA

ESTE SÁBADO 5 DE OUTUBRO TEREMOS TÍTERES NA CASA DA CULTURA A CARGO DA COMPAÑÍA “TÍTERES CACHIRULO” COA OBRA “PINOCHO”.

ANOTARSE CHAMANDO A CASA DA CULTURA DE XANCEDA PARA SABER SEGURO QUE TEDES PLAZA.

TLF: 981687241

Mér, 02/10/2019


O Concello de Mesía informa de que está aberto o prazo de inscrición para participar no obradoiro de emprego Brañas do Ulló-Río Samo II. Este obradoiro é promovido polo Concello de Ordes en el colaboramos os Concellos de Frades e Mesía. O dito obradorio será subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.


Será un obradoiro dual pois combinará un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses cun contrato en prácticas, de cómo mínimo tres meses máis.

As especialidades que se impartirán son:
Tarefas de repoboación forestal e tratamentos silvícolas
Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.

Os destinatarios serán persoas maiores de 18 anos desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego.

Todas aquelas persoas interesadas en participar deben ir, o máis axiña posible, á Oficina de Emprego de Ordes e comunicar que están interesados en participar no dito obradoiro de emprego.

Este aviso é tanto para alumnado como para persoal directivo, docente e de apoio.

Máis información en “Ler máis…”

Ven, 20/09/2019
cartel CURSO DE AGRICULTURA ECOLÓXICA

O proxecto ECORAXIA LAB formará gratuitamente a desempregados/as dos Concellos de Curtis, Vilasantar, Boimorto, Mesía, Oza-Cesuras, Betanzos, Abegondo, Arzúa e Melide e as súas correspondentes áreas de influencia que queiran emprender en agricultura ecolóxica.

DATA PREVISTA DE INICIO o 25.09.2019.

LUGAR: Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar.

Lun, 16/09/2019
AXUDAS A MOCIDADE PARA ALUGAMENTO DE VIVENDA HABITUAL

A Consellería de Vivenda convoca axudas a mocidade  para o alugamento de vivenda  habitual.

Os requisitos básicos son:  ter menos de 35 anos e ser titular dun contrato de aluguer de vivenda, en condición de persoa arrendataria , con mención expresa da súa referencia catastral.

En Ler mais tedes máis información

Xov, 12/09/2019
PROXECTO EIXO_ ITINERARIO COMERCIO E LOXÍSTICA

 Dentro do PROXECTO EIXO_Estratexia de Inserción Xove da liña 4 do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña, estase a programar a impartición das accións formativas da 2ª edición do Itinerario de Comercio e Loxística que inclúe ó acceso ao carnet C e ao certificado de aptitude profesional para o transporte de mercancías (CAP) como formación complementaria.

Toda a información do proxecto e documentación para a inscrición e documentación en Ler máis…

Páxinas