Noticias

Mar, 16/04/2024
2ª SAÍDA DE SENDEIRISMO: VIA VERDE OROSO - ORDES

Realizaremos a segunda  SAÍDA o 21 de abril: 10 Kms - nivel sinxelo.

RUTA DA VÍA VERDE (Tramo 2: Oroso - Ordes)                       

Saída: Praza do concello en Xanceda ás 9:30 h. Regreso estimado sobre 14 h.

Prezo: 6 €. (A pagar tras a ruta por ingreso/transferencia bancaria).

Inscricións:  ata 17 de marzo na Casa da Cultura  981687241 ou por wasap no Grupo de Sendeirismo do Concello 609353115. 

Mínimo de inscritos 20.

Lun, 15/04/2024
GALA INTERMUNICIPAL DE PATINAXE 2024 - Concello de Mesía

Tras a fenda de 5 anos sen facerse ninguna Gala na contorna, o Concello de Mesía tomou a INICIATIVA e animouse a darlle esta EXPERIENCIA aos nenos e nenas das ESCOLAS MUNICIPAIS DE PATINAXE de Mesía, do Concello de Frades, do Concello de Curtis e do  Concello de Cerceda.
Tras facer un baile cada grupo, recibiron unha medalla e agasallos por participar.

Agradecemos a participación de deportistas e público.

Xov, 11/04/2024
LAT 132 KV evacuación PE Legre

ACORDO do 13 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto de LAT 132 kV evacuación do parque eólico Legre nos concellos de Oza-Cesuras e Mesía (A Coruña) (expediente IN408A 2020/143).

Co fin de evacuar a enerxía xerada no parque eólico Legre (expediente IN408A 2020/097, en tramitación, obxecto de proxecto independente) proxéctase unha liña de alta tensión de 132 kV, de 9,11 quilómetros de lonxitude, sen incluír o van destensado de conexión á subestación PE Legre (obxecto de proxecto independente) de aproximadamente 61,71 metros.

Solicitante/Promotor: GREEN CAPITAL POWER, S.L

A documentación que se expón:

1.- O proxecto de LAT 132 kV evacuación PE Legre (setembro 2023-visado o 2 de febreiro de 2024).

   1.1. Plano xeral do proxecto.

   1.2. Memoria xustificativa da declaración de utilidade pública e urxente ocupación (febreiro 2024-asinado o 14 de febreiro de 2024).

   1.3. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e dereitos afectados polo proxecto (RBDA).

   1.4. Planos individuais dos predios afectados polo proxecto.

2.- O estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto de LAT 132 kV evacuación PE Legre (decembro 2023-asinado o 20 de decembro de 2023)

O proxecto faise público para o coñecemento xeral e para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada na oficina técnica de urbanismo do concello os LUNS, MÉRCORES e VENRES en horario de 10:00 a 15:00 h, se é o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG). Publicado o xoves 11 de abril de 2024 no DOG Núm 71

Prazo para remitir alegacións/achegas/opinións:12/04/2024-27/05/2024

Mér, 10/04/2024
GALA INTERMUNICIPAL DE PATINAXE 2024 - Concello de Mesía

O sábado as 11h retomamos dende o Concello de Mesía as Galas de patinaxe tras 5 anos sen elas.

Lembramos que a última edición que se fixo cos concellos da contorna foi no 2019 e xa tiñamos gañas de xuntarnos cas escolas deportivas de patinaxe dos concellos que participarán nesta Gala de exhibición: serán máis de 100 deportistas dos concellos de Mesía, Curtis, Frades e Cerceda.

Farense once bailes de patinaxe por grupos de idade e ao rematar repartiremos uns detalles por participar.

Lun, 08/04/2024
II GALA INTERMUNICIPAL DE XIMNASIA RÍTMICA Concello de Mesía

Este domingo 7 de Abril desfrutamos unha Exhibición da nosa Escola Deportiva Municipal de Ximnasia rítmica xunto cas escolas de Carral e Brexo-Lema, tamén acudiron o Club XR Carral e a AD Morrigan.

130 deportistas fixeron as delicias de 400 persoas do público que se deron cita no Pavillón de Olas. Deixamos a ligazón a completa galería de fotos na nosa páxina do Facebook: CLICA PARA ÁLBUM FOTOS DA GALA NO FACEBOOK

 

Mér, 03/04/2024
II GALA INTERMUNICIPAL DE XIMNASIA RÍTMICA Concello de Mesía

Xa está de volta a II Gala intermunicipal de ximnasia rítmica que organiza o Concello de Mesía.

Será este domingo 7 as 11:00 h no Pavillón de Olas.

A nosa Escola deportiva municipal de X.R. Mesía , que conta con 20 ximnastas, fará a súa exhibición xunto con  outras escolas e clubes da contorna coma: o  Concello de Carral con X.R. Carral e Club X.R. Carral, e o Concello de Cambre con X.R. Brexo Lema e A.D. Mórrigan.

Xov, 21/03/2024

O Concello de Mesía informa de que o Instituto Galego de Vivenda e Solo publicou, no DOG núm. 58, do 21/03/2024, a convocatoria de axudas do Programa de mellora de accesibilidade en e á vivendas.

Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa, sempre que se trate de persoas físicas ou xurídicas de natureza privada:  
- As persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas unifamiliares.
- As persoas arrendatarias de vivendas, no suposto de que as obras ou actuacións non sexan de obrigada execución pola persoa propietaria e ambas as partes acorden que a arrendataria custee ao seu cargo as actuacións de mellora da accesibilidade, con cargo á parte ou á totalidade da renda arrendaticia.

Requisitos:
- Estar rematadas antes de 2006.
- Que constitúan o domicilio habitual e permanente das súas persoas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias no momento de solicitar as axudas.
- As actuacións non poderán estar iniciadas con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2022 nin estar finalizadas con carácter previo á publicación da resolución no DOG.

A contía máxima das axudas non poderá superar os seguintes límites: 12.500 euros por vivenda, cando se solicite para actuacións correspondentes a vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila. Esta axuda poderá incrementarse ata 15.000 euros por vivenda, se reside unha persoa con discapacidade, e ata 18.000 euros por vivenda, se esta acredita un grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %., entre outros. 

O prazo de solicitudes remata o día 22/04/2024.

Máis información en "Ler máis".

Xov, 21/03/2024

O Concello de Mesía informa de que INEGA publicou no DOG núm. 56, do 19/03/2024, a convocatoria de subvencións, en réxime de concurrencia competitiva, para proxectos de enerxía fotovoltaica. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos.


Actuacións subvencionables:

a) Os paneis solares fotovoltaicos.
b) O acondicionamento da enerxía eléctrica (inversores, convertedores, reguladores, cadros eléctricos, elementos de interconexión, proteccións, cablaxe, equipamentos de medidas e outros equivalentes), monitorización (sensores, adquisición de datos, comunicación remota e outros equivalentes) e sistema de acumulación con baterías que non sexan de plomo ácido.
c) O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.
d) O custo de montaxe e conexionado.

Poderán acceder á condición de persoas beneficiarias das presentes subvencións:
- As entidades sen ánimo de lucro.
- Empresas legalmente constituídas e autónomos; incluídas as empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía.

A contía máxima da axuda por proxecto será de 50.000 €, co límite do 60% do custo do proxecto para entidades sen ánimo de lucro e o 20% para empresas legalmente constituídas e autónomos.

O prazo de solicitudes remata o 19/04/2024.


Máis información en "Ler máis".

Mar, 12/03/2024
RUTA VIA VERDE - Concello de Mesía

Voltamos ca tempada de sendeirismo!

1ª SAÍDA será o 24 de marzo:   RUTA DA VÍA VERDE (Tramo 1: Ordes)                       

Máis información en Ler Máis.

Faremos varias rutas de dificultade baixa ou media, en torno a 10 Kms. Avisaremos das próximas quedadas, xa que faremos unha cada mes: abril, maio e xuño, setembro e outobro.

Lun, 11/03/2024
CAMPAMENTO DE SEMANA SANTA - Concello de Mesía

Presentamos a oferta do campamento de conciliación de Semana Santa para nenos/as dende 3 ata 12 anos (escolarizados ata 1º ESO).

Para máis info clicar en LER MÁIS

Páxinas