Noticias

Lun, 15/02/2021
O CONCELLO DE MESÍA PRESENTA "MESIA XORNAL DEPORTIVO"

O Concello de Mesía presenta unha nova forma de comunicación do deporte no concello para tod@s.

XD MESIA será un xornal deportivo da nosa zona onde publicaremos periodicamente información deportiva no concello. Pasada, presente e futura.

As SECCIÓNS que compoñen o XD MESÍA son:

COÑECENDO A VECIÑANZA DEPORTISTA: Entrevistas individuais e grupais.

EQUIPOS FEDERADOS: Logros, novas e resultados.

MÓVETE MESÍA: actividade física e saúde.

DEPORTE: información novas deporte municipal, eventos, promocións, saídas, etc.

ARTIGOS DE OPINIÓN: de veciñanza, de revistas especializadas ou profesionais do deporte.

Buscamos a interacción ca veciñanza para que nos axudedes con información dalgunha das seccións: sobre todo con artigos de opinión e ca información dos clubs ou asociacións. Agradecemos que esteades en contacto con nós para estas temáticas  enviando por mail a actividades@concellodemesia.gal

Ven, 12/02/2021
PUBLICAMOS O VIDEO DO DESFILE VIRTUAL 2021

O Concello de Mesía presenta esta iniciativa novedosa xa que non podiamos xuntarnos este ano polo entroido como faciamos sempre.  

Podedes velo publicado no apartado DESTACADOS desta web ou NESTE ENLACE.

Máis de 80 participantes enviaron as súas fotos con disfraces variados mostrando o seu espírito entroideiro.

Agradecemos a participación e animamos a correr o entroido en Mesía con #sentidiño.

Bo Entroido!

Mar, 09/02/2021
ACTUACIÓN NAS ESCOLAS NO ENTROIDO 2021 - Concello de Mesia

O Concello de Mesía levará aos centro escolares do concello actuacións para celebrar o entroido.

Serán FRAN REI co seu monólogo de "SUPERHEROE", PEDRO BRANDARIZ con "PROFUNDIZANDO NA GALICIA PROFUNDA" e  MARÍA FALTRI  PICADISCOS co seu espectáculo "BIBLIODISCOTECA".

As actuacións están organizadas e subvencionadas polo Concello de Mesía.

Mér, 03/02/2021
AXUDAS MOCIDADE COMPRA VIVENDA

O Concello de Mesía informa de que o Instituto Galego de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia publicou, o 02.02.2021, no DOG núm. 21, a convocatoria de axudas á mocidade para a adquisición de vivenda:
- Subvencións para a adquisición de vivenda en concellos de menos de 5.000 habitantes, que se tramitarán co código de procedemento VI435A.
- Subvencións para a adquisición de vivenda nos centros históricos, que se tramitarán co código de procedemento VI400A.

Poderán beneficiarse destas axudas as persoas físicas maiores de idade que, tendo menos de 35 anos na data de presentación da correspondente solicitude, reúnan varios requisitos.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o o 1 de setembro de 2021.

Máis información en "Ler máis".

 

Mar, 02/02/2021
PEL REACTIVA

O Concello de Mesía publica a Resolución, ditada pola Alcaldía o 02.02.2021, da aprobación de concesión definitiva das axudas correspondentes ao PEL REACTIVA 2020 convocadas polo concello coa finalidade de impulsar a actividade económica e o emprego no termo municipal e contribuír á paliar na medida do posible os danos derivados da pandemia da COVID-19 nas microempresas e autónomos/as ao abeiro da adhesión ao Fondo de Finanaciamento para a reactivación económica e social da provincia da Deputación Provincial da Coruña.

De conformidade co establecido na base 12ª da dita convocatoria, os/as beneficiarios/as da subvención deberán presentar a documentación xustificativa referida expresamente aos conceptos de gastos subvencionables establecidos na base 7ª ata o 31.03.2021.

Poden consultar a dita resolución en "Ler máis".

Mar, 02/02/2021
VICHELOS ENTROIDEIROS?? - Concello de Mesia 2021

O Concello de Mesía presenta a segunda actividade do Entroido 2021 para facer desde as casas. Animádevos a participar para Correr o entroido en Mesia!!

O RETO CONSISTE en conseguir as 12 fotos con cada “entroideiro” que estarán percorrendo as 12 parroquias do concello a partir do venres 5 de febreiro.

Como os atopamos?  PASOS A SEGUIR:

1.º  PREGUNTAS: Teredes que estar atentos ás preguntas publicadas no facebook do 5 ao 15 de febreiro. (Atención!: poden ser dúas no mesmo día!).

2º  RESPOSTAS:  Teredes que responder por wasap ata ás 17:00 horas dese día.

3º PISTA: Ó recibir a resposta correcta, esa tarde, enviámosvos a pista que vos levará a ubicación do entroideiro.

4º FOTO: Localizádeo e facédevos unha foto con él. Se vós non ides ó lugar, podedes mandar a foto con outra persoa que vola envíe a vos (a foto co “entroideiro” pode sacala calquera persoa pero non se pode repetir, isto é, non pode unha persoa facer fotos para varios concursantes.)

5º  DESAPARECERÁ EN 2 DÍAS: Procurade facelo o antes posible pois o entroideiro desaparecerá dese lugar en dous días.

6º  EXTRA COMODÍN: Todos teredes a opción dun Comodín. Se non podedes achegarvos a facer unha das fotos, podedes solicitarnos o Comodín tras contestar correctamente a pregunta.

Lun, 01/02/2021
SERVIZOS DE MESIA CON COMIDA E BEBIDA  PARA LEVAR - Febreiro 2021

O Concello de Mesía publica a relación actualizada dos locais que dispoñen de servizo de bebidas e comidas para levar, así como tendas de alimentación.

Dende o Concello de Mesía animamos á veciñanza a seguir consumindo desta maneira nos locais, co obxectivo de que o peche sexa algo más levadeiro.

Ven, 29/01/2021
ITV Agrícolas 2021

A unidade móbil 3 de Inspección Técnica de vehículos Agrícolas prestará o servizo neste concello os días:

Días: 22 ao 24 de Marzo de 2021

Lugar: Aparcamento Piscina Municipal, sita en Mata, parroquia de Xanceda.

Horario: 09:00 a 13:30 horas e 15:15 a 18:00 horas.

Agás o 24 de Marzo que será só en horario de mañá.

Para solicitar cita previa no teléfono 902 30 90 00, ou a través da web: www.sycitv.com

 

Mér, 27/01/2021
DESFILE DE ENTROIDO VIRTUAL - Concello de Mesia 2021

O Concello de Mesía celebrará o Entroido e, para iso, faremos un vídeo con todas as fotos que nos enviedes disfrazados/as, coma se estivésemos enriba da nosa tarima do desfile de Entroido, coma sempre!

Para participar neste Desfile Virtual enviádenos as vosas fotos cos disfraces deste 2021 ata o día 9 de febreiro ao mail actividades@concellodemesia.gal, indicando o voso nome e lugar. Tamén podedes enviar un wasap ao 699453750 pero as imaxes perderán calidade.

Recibiredes un agasallo especial “CORRÍN O ENTROIDO EN MESIA” trala publicación do vídeo o 13 de febreiro, sábado de entroido.

#CORRINoENTROIDOenMESIA

Ven, 22/01/2021
CIRCUITO SAUDABLE (Visantoña) - MOVETE MESIA

Presentamos este CIRCUITO SAUDABLE coma unha das alternativas deportivas e de saúde que estamos poñendo en marcha ante a nova normalidade que nos toca vivir: facer exercicio en zonas exteriores do concello para ir pola vosa conta a movervos con sentidiño.

Dentro deste Programa "MÓVETE MESIA" tamén instalaremos ao longo do ano otros circuitos saudables (nestes casos na Ponte Carballa (Olas),  e en Xanceda), así coma estamos elaborando Rutas Saudables noutras parroquias do concello.

Páxinas