CAMBIO DATA DO DEPORTE SOLIDARIO AO 3 DE XANEIRO 2021

Mér, 23/12/2020
DEPORTE SOLIDARIO A FAVOR DA AECC E CÁRITAS - Concello de Mesia

Vemonos na obriga de cambiar a data do evento debido ao mal tempo. Agardamos ter mellor sorte o 3 de xaneiro... Lembramos que as furnas para doazóns están na Casa da cultura por se alguén non pode achegarse o día do evento As Brañas de Visantoña.

Lembramos a información: DATA DO DÍA DO DEPORTE SOLIDARIO: O domingo 3 de xaneiro nas Brañas da Valga de Visantoña de 11:00 a 18:00 h.

Retomamos a solidariedade dende o deporte (xa que non se pode facer todavía o TORNEO CONTRA O CÁNCRO pola Covid-19 ) achegando a posibilidade de intermediar con vós para colaborar ca  AECC (Asoc. española contra o cáncro) e con CÁRITAS para familias necesitadas da parroquia. Solo podemos recoller cartos nas furnas habilitadas para elo, xa que este ano non podemos coller alimentos fisicamente.

Reservaremos 1 hora a cada grupo/familia anotado. Faremos actividades de andaina, baile, xogos e visita ao Museo. Por tandas, sen mesturar grupos.

CARACTERÍSTICAS: Nesta xuntanza por grupos/familias presentaremos o 1º Circuíto Saudable Municipal deseñado para poder moverse ao aire libre pola vosa saúde. Vén a un día diferente de respiro!!

IMPORTANTE: Precisamos que vos inscribades (no 699453750) co voso horario preferente. Organizaremos así as tandas co distanciamento requirido polas normativas vixentes sen mesturar os grupos.

SOLIDARIEDADE: Xa estamos recollendo as vosas achegas na Casa da Cultura e as furnas estarán aqui ata o 2 de xaneiro. O 3 de xaneiro as 18 h. entregaremos as doazóns.