CAMIÑO DE SANTIAGO POR ETAPAS: OS SÁBADOS CO CONCELLO DE MESÍA

Ven, 09/08/2019
CAMIÑO SANTIAGO POR ETAPAS CONCELLO DE MESIA 2019

Percorreremos o Camiño Inglés dende Neda en varias etapas os sábados comezando o 31 de agosto.

INSCRICIÓNS: Do 12 de xuño ao  21 de agosto no Concello (ampliado o prazo)

DATAS: Sábados 31 agosto, 14, 21 e 28 de setembro. Podemos plantexar dividir o percorrido aumentando unha 5ª etapa, repartindo máis os 100 kms totais.

PREZO: 5 € por persoa e día. As 4 etapas 20 €. (Inclúe bús e guía).

CARACTERÍSTICAS: 

Percorreremos o Camiño inglés dende Neda. 

1ª etapa 28 kms: Neda-Pontedeume - Betanzos.

2ª etapa 28,3 kms: Betanzos - Hospital de Bruma.

3ª etapa 24,8 kms: Hospital de Bruma - Sigüeiro.

4ª etapa 16,5 kms: Sigüeiro -  Santiago de Compostela.

Saída do bús 8:00: na praza do Concello (Xanceda).

Levar roupa, calzado, bebida e comida adecuada.

Dependendo da meteoroloxía poderanse cambiar as datas.

IDADE: A partir de 15 anos (menores idade debrán ir acompañados por adultos).