Características actividade: Este ano, pola situación na que nos atopamos, imos realizar catro quendas de campamento para que todos os/as nenos/as poidan ter a oportunidade de participar nesta actividade. Os/as participantes poderán entrar no campamento entre as 09:30 e as 10:30h. e contarán con espazos supervisados polo monitorado para o xogo libre. De 10:30 a 14:00 h. realizaranse as actividades propias do campamento como talleres culturais, cociña, modelado, ximkanas, actividades predeportivas, rutas, xogos nas piscinas, etc.
Datas: 1º Quenda: do 1 ata o 16 de xullo
2º Quenda: do 19 ata o 30 de xullo
3º Quenda: do 2 ata o 13 de agosto
4º Quenda: do 16 ata o 31 de agosto
Idades: nenos/as escolarizados/as ata os 14 anos.
Horario: 09:30 a 14:00 h.
Instalacións: Piscina Municipal de Xanceda, CPI Xanceda.
Nota: Facilitaranse mascarillas quirúrxicas cando as precisen.
Prazas: Limitadas, preferencia empadroados.
PREZO: 10 € por quenda. Pagar cando se saiban os grupos por quendas. Hai que cubrir un anexo á inscrición que se vos facilitará o primeiro día de campamento.
Inscrición: do 21 ao 28 de xuño. É obrigatorio cubrir a folla de inscrición do campamento, que atopades adxunta a esta nova. Entregar por mail: casadacultura@concellodemesia.gal ou presencialmente.