CAMPAMENTOS DE CONCILIACIÓN_CONCELLO DE MESÍA_XOECON 2022

Mar, 07/06/2022

O Concello de Mesía informa de que hoxe, 07/06/2022, abre o prazo para a inscrición de nenos e nenas, ata 12 anos, inclusive, no Campamento de Conciliciación do verán

Ofértanse varias quendas: 1ª quenda (do 27 de xuño ao 1 de xullo), 2ª quenda (do 4 ao 15 de xullo), 3ª quenda (do 18 ao 29 de xullo), 4ª quenda (do 1 ao 12 de agosto) e 5ª quenda (do 16 ao 31 de agosto). Horario: De 9:00 a 14:00 horas.

O prazo para inscribirse remata o 20 de xuño. A inscrición farase cubrindo a folla que se adxunta e achegándoa presencialmente ou por correo electrónico á casadacultura@concellodemesia.gal

Prezo: Gratuíto.     Preferencia: Empadroados/as.

Máis información chamando ao 981687001, ext. 3. ou ao 981687241.