CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2019 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Mér, 08/05/2019
CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2019

Aberto o prazo para inscricións nos campamentos deportivos DE VERÁN 2019 no Centro CALVO SOTELO de A Coruña.

PARTICIPANTES:

Rapaces/zas de 9 a 14 anos de idade cumpridos durante o ano 2019, empadroados nun concello da provincia da Coruña.

LUGAR:

Centro Calvo Sotelo. Rúa Archer Milton Huntington, 24.

(Concello da Coruña).

INCLÚE por 85 €:

transporte interno, estadía e manutención en residencia, e todo gasto que ocasionen as actividades programadas.

Ao CONCELLO DE MESÍA tócanos na 3ª QUENDA (do 14 ao 19 de xullo) con Aranga, Arteixo, Arzúa, Bergondo, Boimorto, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Frades, Melide, Mesía, O Pino, Oleiros, Ordes, Oroso, Oza-Cesuras, Sada, Santiso, Sobrado, Toques, Touro e Vilasantar.

 

INFORMACIÓN:

Gabinete de Deportes da Deputación da Coruña

Tel.: 981 08 06 44

campamentos.deportivos@dacoruna.gal

www.dacoruna.gal/deportes

Adxuntamos tríptico con máis información.