CAMPAÑA DE INVERNO 2019

Mér, 02/01/2019
CAMPAÑA DE INVERNO 2019

Campaña de inverno para rapaces e rapazas de 11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2019), residentes no concello de Mesía. Os participantes gozarán de catro días na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, ademais dos cursiños de esquí.

COTA DE INSCRICIÓN: No transcurso da inscrición será facilitado pola Deputación un número de conta onde se aboará a cota de 85,00 € (oitenta e cinco euros), facendo constar o nome do/a neno/a, concello e CAMPAÑA DE INVERNO 2019.

INCLÚE: Transporte, estadía e manutención na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

A quenda que lle corresponde a Mesía é a primeira do 25/01/19 ata ó 28/01/2019

O prazo para anotarse será ata o día 10 de xaneiro no Concello de Mesía.