CAMPAÑA NEVE 2023

Ven, 02/12/2022
CAMPAÑA NEVE 2023

O Concello de Mesía informa de que está aberto o prazo, ata o 14 de decembro do actual, para inscribirse na Campaña de Neve do 2023 da Deputación Provincial da Coruña, para a cal ao Concello de MESÍA lle corresponden 4 prazas na 5ª quenda  que será dende o día 10/02/2023 ao días 13/02/2023. 

A estancia e manutención será en aloxamentos situados a pé de pista, na estación VALGRANDE-PAJARES (ASTURIAS). 

As idades dos nenos/as participantes serán de 11 a 15 anos inclusive, cumpridos a 31 de decembro de 2022, e aboarán 85€ (oitenta e cinco euros) como cota de participación.

As inscricións realizaranse no Rexistro Xeral do Concello de Mesía.

​Máis información no folleto abaixo adxunto ou chamando ao concello ao 981687001.