CASE 300 PERSOAS VIVEN A FESTA DE ENTROIDO DO CONCELLO DE MESÍA, CON CHOCOLATADA, REGALOS, DESFILE E INCHABLES

Sáb, 13/02/2016

Case 300 entroideiros viviron a Festa de Entroido 2016 do Concello de Mesía o 13 de febreiro.

Os nenos e maiores, que se achegaron ao Pavillón de Visantoña, desfrutaron dunha divertida tarde con obradoiros, inchables, desfile de disfraces, regalos e gran merenda con chocolate e rosca.

A festa comezou as 16 horas e ofreceu actividades para todas as idades. Entre as propostas preparadas, xogaron con cinco elementos inchables para os nenos e nenas: tobogáns, pista de carreiras, futbolín xigante, selva e castelo para peques.

Tamén tiveron un obradoiro de chapas e outro de Play Mais para facer figuras, nos que participaron nenos e nenas de todas as idades.

O desfile de entroido comezou ás 17:30 horas. Todos os nenos e nenas que acudiron disfrazados recibiron un obsequio.

Ao remate do desfile foi o momento da merenda, con rosca e chocolate para todas as persoas que se achegaron á festa.

Poden verse máis imaxes en https://www.facebook.com/xuventude.concellodemesia/posts/469891903201125?pnref=story

Galería de imaxes: 
Futbolín xigante
Obradoiro de Play Mais
Pista de carreiras
Festa do entroido 2016
Chocolatada