CITA SOLIDARIA O VENRES 12 DE DECEMBRO: VII TORNEO INFANTIL "MESÍA SOLIDARIA" A FAVOR DE AMARAI
Mar, 09/12/2025
Xa está todo listo para a primeira cita deportivo solidaria deste Nadal 2025.
Dez equipos xogarán o venres 12 de decembro un torneo de fútbol sala en categorías benxamín, alevín e infantil co fin de recadar cartos a favor da ASOCIACIÓN AMARAI.
Animamos a asistencia de público por esta causa, xa que poderán aportar DONATIVOS na mesa de AMARAI e tamén MERCAR MANUALIDADES realizadas por eles.
As entidades deportivas participantes serán o F.C. VISANTOÑA, a E.D. BOIMORTO e o Jogafán ORDES. E tamén a propia AMARAI traerá un equipo.
Dende as 16:45h. xogaremos cun sistema de liga de 3 equipos en cada categoría.
Remataremos a competición cun partido cos infantiles e os de Amarai xuntos sobre as 20:35h.
Estimase que as 21:15h. será a entrega de medallas a todos os deportistas participantes, e aos campións e subcampións de cada categoría.