COMEZOU O CAMPAMENTO DE CONCILIACIÓN DE VERÁN 2020
Mar, 14/07/2020
O 6 de xullo comezou a primeira das quendas de campamento para que as familias poidan ter para os/as fillos/as unha actividade divertida e de conciliación de 09:30 a 14:00 h.
Xa temos realizado talleres culturais, ximkanas, actividades predeportivas e xogos nas piscinas.
Ao final da semán viñeron visitarnos dende Lalín con Xogos do Paporrubio: xogos tradicionais, carreiras, caza do xigante, etc.
Esta semana sairemos o venres ao cine para rematar esta quenda por todo o alto.
O campamento é gratuíto, xa que está subvencionado polo Concello e a Secretaría xeral de igualdade da Xunta de Galicia.

Poden verse algunhas imaxes nesta nova.
Todavía quedan prazas para anotarse tamén noutras actividades municipais de verán.