O Concello de Mesía informa de que a Xefatura Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de da Coruña aprobou o obradoiro dual de emprego "Brañas do Illó-Río Samo VIII" do que Mesía forma parte cos concellos de Ordes (promotor) e Frades.
Será un obradoiro dual cun contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses e no que se poderá optar a un contrato ao final do obradoiro nunha empresa do sector da construción e/ou xardinería, de tres meses máis.
As ESPECIALIDADES que se impartirán son:
- AGAO0108: Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería.
- EOCB0109: Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construcción.
Todas aquelas persoas interesadas en participar como alumnado-traballador deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia e ter solicitado neste último caso os obradoiros duais de emprego, tendo como DATA LÍMITE O 6 DE MAIO DE 2026, inclusive.
PARA PODER ACUDIR Á OFICINA DE EMPREGO DE ORDES DEBERÁN PEDIR CITA PREVIA A TRAVÉS DO NÚMERO DE TELÉFONO: 981900643 OU A TRAVÉS DA PÁXINA WEB: emprego.xunta.es/citaprevia/
Máis información en "Ler máis".
Noticias
|
Ven, 24/04/2026 |
|
|
|
|
|
Xov, 23/04/2026 |
|
O Concello de Mesía informa de que, ao abeiro do establecido no artigo 8 da Lei 4/2013, do 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia, convocou a través do seu Perfil do Contratante, aloxado na Plataforma de Contratación do Sector Público, concurso público para a adxudicación de dúas licenzas de taxi. |
|
|
|
Ven, 17/04/2026 |
|
Prazo para a presentación de solicitudes de preinscrición de prazas para o PAI "Os Camiños" para o curso 2026-2027: - Nenos/as que acudan por primeira vez, o prazo de preinscrición para a nova matrícula será na primeira quincena de xuño (do 1 ao 15 de xuño, ambos inclusive). |
|
|
|
Mér, 08/04/2026 |
|
O Concello de Mesía informa que o persoal do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento territorial da Consellería de Medio Rural de A Coruña achegarase o día 17 DE ABRIL do actual á Casa da Cultura (Xanceda) de 10 a 14 horas para a entrega dos TÍTULOS DE PROPIEDADE da concentración parcelaria de Xanceda (Mesía). |
|
|
|
Ven, 13/03/2026 |
|
O Concello de Mesía informa que o persoal do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento territorial da Consellería de Medio Rural de A Coruña achegarase os días 23 e 24 DE MARZO do actual á Casa da Cultura (Xanceda) de 10 a 14 horas para cubrir o XUSTIFICANTE a entregar o día que proximamente se sinale para a retirada dos Titulos de Propiedade. - PROPIETARIOS: DNI |
|
|
|
Xov, 22/01/2026 |
|
O Concello de Mesía informa que no DOG núm. 12, do 20/01/2026, a Axencia Instituto Enerxético de Galicia vén de publicar axudas para a utilización de enerxías renovables e eficiencia enerxética para particulares, empresas de produción agrícola primaria e empresas en xeral. - Subvencións para proxectos de enerxías renovables de uso térmico no sector residencial. Prazo solicitudes: Do 09/02/2026 ao 13/03/2026. |
|
|
|
Mér, 14/01/2026 |
|
O Instituto Galego de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia vén de publicar no DOG núm. 7, do 13/01/2026, a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, dirixidas á rehabilitación, remate ou ampliación de vivendas, así como ao cambio de uso de locais a vivenda, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026, co obxectivo de fixar poboación no medio rural. |
|
|
|
Mér, 14/01/2026 |
|
O Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia vén de publicar no DOG núm. 3, do 07/01/2026, a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva,para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, xestionadas por este instituto, e se establece a súa convocatoria para o ano 2026. |
|
|
|
Dom, 28/12/2025 |
|
O XIV Torneo de fútbol sala MESÍA CONTRA O CÁNCRO organizado o 27 de decembro polo Concello de Mesía e ca aportación de particulares, das empresas colaboradoras e dos patrocinios do Grupo Ramon García, de Erimsa y de Campo SL; conseguiron facer unha doazón a favor da AECC de 2.852 € Nova do evento en LA VOZ DE GALICIA. Dende o Concello agradecemos a participación e solidariedade de particulares, empresas, asociacións, patrocinadores e equipos que participaron neste evento deportivo. |
|
|
|
Dom, 21/12/2025 |
|
|
|
|








