Noticias

Xov, 23/04/2026

O Concello de Mesía informa de que, ao abeiro do establecido no artigo 8 da Lei 4/2013, do 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia, convocou a través do seu Perfil do Contratante, aloxado na Plataforma de Contratación do Sector Público, concurso público para a adxudicación de dúas licenzas de taxi.

Os interesados poderán acceder á información deste concurso no seguinte enlace: EXPTE. C04-2026. CONCESION DÚAS LICENZAS TAXI. 

O prazo de presentación de solicitudes é ata o día 06/05/2026.

Máis información en "Ler máis".
 

Ven, 17/04/2026

Prazo para a presentación de solicitudes de preinscrición de prazas para o PAI "Os Camiños" para o curso 2026-2027:

- Nenos/as que xa estiveron  neste curso e queiran renovar a praza para o vindeiro curso, farase na primeira quincena de maio (do 1 ao 15 de maio, ambos inclusive).

- Nenos/as que acudan por primeira vez, o prazo de preinscrición para a nova matrícula será na primeira quincena de xuño (do 1 ao 15 de xuño, ambos inclusive).

Máis información en "Ler máis"
 

Mér, 08/04/2026

O Concello de Mesía informa que o persoal do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento territorial da Consellería de Medio Rural de A Coruña achegarase o día 17 DE ABRIL do actual á Casa da Cultura (Xanceda) de 10 a 14 horas para a entrega dos TÍTULOS DE PROPIEDADE da concentración parcelaria de Xanceda (Mesía).

Os propietarios que teñan o RECIBÍ CUBERTO do  mes de marzo non esquezan que DEBERÁN ENTREGALO para a retirada do título.

Os propietarios que non teñan o dito recibí, deberán achegar a seguinte DOCUMENTACION:
- PROPIETARIOS:  DNI
- AUTORIZADOS: COPIAS DNI PROPIETARIO e AUTORIZADO, AUTORIZACIÓN ASINADA POLO PROPIETARIO
- HERDEIROS: CERTIFICADO DE DEFUNCIÓN, TESTAMENTO OU DECLARACIÓN DE HERDEIROS e PARTICION NOTARIAL DE HERDANZA DE SER O CASO
- COMPRADORES: ESCRITURA PÚBLICA DE ADQUISICIÓN DE PREDIOS DE SUSTITUCIÓN.

A partir do 20 de abril os títulos de propiedade que non se recollan estarán a disposición dos interesados en: SERVIZO DE INFRAESTRUTURAS AGRARIAS DA CORUNA. EDIFICIO ADMINISTRATIVO MONELOS EDIFICIO ADMINISTRATIVO MONELOS, BỦA DE VICENTE FERRER 2.6° ANDAR RUA DE VICENTE FERRER, 2-6° ANDAR.

Máis información chamando ao concello ao 981687001.

Ven, 13/03/2026

O Concello de Mesía informa que o persoal do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento territorial da Consellería de Medio Rural de A Coruña achegarase os días 23 e 24 DE MARZO do actual á Casa da Cultura (Xanceda) de 10 a 14 horas para cubrir o XUSTIFICANTE a entregar o día que proximamente se sinale para a retirada dos Titulos de Propiedade.

Para cubrir o dito xustificante deberán presentar a seguinte DOCUMENTACION:
 

- PROPIETARIOS:  DNI
- AUTORIZADOS: COPIAS DNI PROPIETARIO e AUTORIZADO, AUTORIZACIÓN ASINADA POLO PROPIETARIO
HERDEIROS: CERTIFICADO DE DEFUNCIÓN, TESTAMENTO OU DECLARACIÓN DE HERDEIROS e PARTICION NOTARIAL DE HERDANZA DE SER O CASO
- COMPRADORES: ESCRITURA PÚBLICA DE ADQUISICIÓN DE PREDIOS DE SUSTITUCIÓN 

Máis información chamando ao concello ao 981687001.

Xov, 22/01/2026

O Concello de Mesía informa que no DOG núm. 12, do 20/01/2026, a Axencia Instituto Enerxético de Galicia vén de publicar axudas para a utilización de enerxías renovables e eficiencia enerxética  para particulares, empresas de produción agrícola primaria e empresas en xeral.

- Subvencións para proxectos de enerxías renovables de uso térmico no sector residencial. Prazo solicitudes: Do 09/02/2026 ao 13/03/2026.

- Subvencións para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables eléctricas e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria. Prazo solicitudes: Do 29/01/2026 ata o 02/03/2026

- Subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas. Prazo solicitudes: Do 30/01/2026 ao 15/09/2026

- Subvencións para para proxectos de enerxía fotovoltaica para empresas legalmente constituídas, autónomos e entidades sen ánimo de lucro. Prazo solicitudes: Do 28/01/2026 ata o 02/03/2026.

Máis información en "Ler máis".
 

Mér, 14/01/2026

O Instituto Galego de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia vén de publicar no DOG núm. 7, do 13/01/2026, a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, dirixidas á rehabilitación, remate ou ampliación de vivendas, así como ao cambio de uso de locais a vivenda, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026, co obxectivo de fixar poboación no medio rural.

Actuacións subvencionables:  Obras de rehabilitación, terminación e/ou ampliación de vivendas. Actuacións dirixidas ao cambio de uso de locais e entreplantas para destinalos a vivenda. Dentro das actuacións de rehabilitación, enténdense incluídas:as de accesibilidade,  conservación, habitabilidade,  sustentabilidade, eficiencia enerxética das vivendas, actuacións para a medición e a execución de obras que eviten a entrada do gas radón ou a adopción de medidas que garantan a súa eliminación do interior das vivendas. As obras non poderán estar iniciadas á data de publicación da convocatoria.

Son persoas beneficiarias as persoas físicas propietarias ou usufrutuarias dos inmobles situados, en concellos de menos de 5.000 habitantes e que acrediten ingresos non superiores a 6,5 veces o IPREM.

A contía da subvención será o 75 % do orzamento protexido, cun máximo de 30.000 € por vivenda.

A presentación das solicitudes será dende as 9.00 horas do 21/01/2026 ata as 14.00 horas do 01/09/2026.

Máis información en "Ler máis".

Mér, 14/01/2026

O Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia vén de publicar no DOG núm. 3, do 07/01/2026, a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva,para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, xestionadas por este instituto, e se establece a súa convocatoria para o ano 2026.

Actuacións subvencionables:  Actuacións de restauración e/ou revestimentos de elementos de fachada. Remate, renovación e/ou substitución do acabado exterior da cuberta. Recuperación, restauración e/ou revestimento de muros de peche de terreos. 

Son persoas beneficiarias as persoas físicas propietarias ou usufrutuarias dos inmobles.

contía da subvención será o 70 % do orzamento da inversión subvencionable, cun máximo de 3.000 € por solicitante e ben.

presentación das solicitudes será dende as 12.00 horas do 16/01/2026 ata as 23.59 horas do 16/02/2026.

Máis información en "Ler máis".

Dom, 28/12/2025
Entrega doazón MESIA CONTRA O CANCRO 2025

O XIV Torneo de fútbol sala MESÍA CONTRA O CÁNCRO organizado o 27 de decembro polo Concello de Mesía e ca aportación de particulares, das empresas colaboradoras e dos patrocinios do Grupo Ramon García, de Erimsa y de Campo SL; conseguiron facer unha doazón a favor da AECC de 2.852 €

Nova do evento en LA VOZ DE GALICIA.

Dende o Concello agradecemos a participación e solidariedade de particulares, empresas, asociacións, patrocinadores e equipos que participaron neste evento deportivo.

Dom, 21/12/2025


O Concello de Mesía informa que a Deputación Provincial da Coruña, ao abeiro do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) "POS+2025" financiou:
1. A realización de dúas obras:
Aglomerado da AC-223 (Visantoña) a Soutelo (Olas), cun importe de 319.757,30 €,  aportando o concello un total de 4.315,67 €,
Mellora viario en Zamón e outro, cun importe total de 96.956,65 €. 
2. Os gastos correntes por un importe total de 209.207,29 €.
3. Os gastos sociais extraordinarios (gastos correntes), ao abeiro do POS+Adicional 1/2025, cun importe de 64.943,87 €.
4.  A realización de tres obras ao abeiro do POS+Adicional 2/2025:
Mellora de viario nas Calles, cun importe total de 113.737,05 €,
Senda no lugar de Albixoi, cun importe total de 67.868,73 €,
Ensanche do viario da N-634 á A Igrexa (Albixoi), cun importe total de 41.084,13 €.
5. Os gastos correntes ao abeiro do POS+Adicional 3/2025 por un importe total de 111.332,34 €.

Máis información en "Ler máis".

Sáb, 13/12/2025
Participantes no VII TORNEO "MESIA SOLIDARIA" 2025

No VII TORNEO INFANTIL DE FÚTBOL SALA "MESÍA SOLIDARIA" deste ano xogaron preto dos 100 participantes, en 10 equipos que sumados as 280 persoas do público contribuiron na tarde do 12 de decembro a una gran recollida de donativos a favor da Asociación AMARAI de Boimorto (Asociación de Persoas con Discapacidade e Apoio a Integración das Comarcas de Arzúa e Terra de Melide).

Agradecemos dende a organización do Concello de Mesía a masiva participación e solidariedade da veciñanza e das persoas ligadas aos equipos que se achegaron.

Páxinas