O Concello de Mesía informa de que se vai realizar o Programa Concilia Xove para nenos de máis de 12 anos (de 12 a 16 anos).
As actividades previstas neste programa serán moi variadas: baile, cociña, pintura, novas tecnoloxías, artesanía, ... Un montón de posibilidades para os máis xoves. O programa realizarase durantes as tres últimas semanas de xullo en horario de 10 a 14 horas.
O prezo será de 25 euros as tres semanas, 15 € se participas menos de 3 semanas.
O prazo de inscrición remata o 5 de xullo presentando a folla de inscrición cuberta na Casa da Cultura ou por email casadacultura@concellodemesia.gal.

Máis información chamando ao concello.