CONCLÚEN AS SAÍDAS AO BALNEARIO NA TANDA DE OUTONO

Mar, 02/12/2014
Saída Balneario

Este luns concluíu a tanda de outono das saídas ao Balneario de Guitiriz, organizadas polo Concello de Mesía no seu programa 'Deporte é saúde'. Participaron un total de trinta e cinco persoas. O programa contou con catro saídas: os luns 10, 17 e 24 de novembro, e 1 de decembro. Os participantes, que tiñan que estar empadroados no municipio, puideron beneficiarse dos tratamentos que ofrece o balneario e dos seus efectos positivos sobre o benestar físico. O Concello de Mesía organiza esta actividade periodicamente, cun servizo de transporte en autobús que efectúa paradas nas parroquias de Olas, Visantoña, Mesía, Xanceda, Lanzá e Cumbraos, facilitando así a asistencia dun maior número de cidadáns.