CONCURSO "CÓNTANO ELAS"

Mér, 23/02/2022
CONCURSO "CÓNTANO ELAS" - CONCELLO DE MESÍA 2022

O Concello de Mesía, co motivo do Día Internacional da Muller, propón o concurso Cóntano ELAS, como un medio para visibilizar o papel da muller na historia da propia comunidade.

En marzo teredes tempo para facer protagonista dunha historia á muller que vós queirades. Ten que ser real pero non famosa, non tedes que poñer nomes (iso deixámolo a vosa elección). Nela podedes contar aspectos de antes, de cómo vivían, da historia que a marcou ou aquilo que a fixo máis feliz. Como viviu unha inxustiza por ser muller ou se houbo un amor que lle cambiou a vida, se emigrou que diferenzas atopou con respecto ós homes… O que vos conten serviranos para  afondar  no papel da muller antes e agora

Está dirixido a tódalas idades a partir de 4º de primaria.

Seguro que  as mulleres que coñecemos teñen moito que contar!!

Deixamosvos as bases do concurso nesta nova.