O Concello de Mesía, co motivo do Día Internacional da Muller, propón o concurso Cóntano ELAS, como un medio para visibilizar o papel da muller na historia da propia comunidade.
En marzo teredes tempo para facer protagonista dunha historia á muller que vós queirades. Ten que ser real pero non famosa, non tedes que poñer nomes (iso deixámolo a vosa elección). Nela podedes contar aspectos de antes, de cómo vivían, da historia que a marcou ou aquilo que a fixo máis feliz. Como viviu unha inxustiza por ser muller ou se houbo un amor que lle cambiou a vida, se emigrou que diferenzas atopou con respecto ós homes… O que vos conten serviranos para afondar no papel da muller antes e agora
Está dirixido a tódalas idades a partir de 4º de primaria.
Seguro que as mulleres que coñecemos teñen moito que contar!!
Deixamosvos as bases do concurso nesta nova. Data límite 20 de marzo,