Concurso de Debuxo "Esta Semana Debuxamos Tod@s"

Mar, 24/03/2020

Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes (A CORUÑA)
BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DO CONCURSO DE DEBUXO DA MANCOMUNIDADE DE ORDES “ESTA SEMANA DEBUXAMOS TODOS/AS”

É obxecto destas bases regular a convocatoria do concurso infantil de debuxo promovido durante o Estado de Alarma por mor do confinamento a causa do Covid-19

Pode participar neste concurso calquera rapaz e rapaza que o desexe, contando coa autorización paterno, que serán as persoas responsables de enviar os traballos dos/as
seus/súas fillos/as.
As categorías serán as seguintes:

-Infantil -Primaria-Secundaria

1º PREMIO, 2º PREMIO E 3º PREMIO: Lote de materiais de debuxo de acordo con cada
categoría

FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS
-Para entregar os traballos hai que subir unha foto en formato HORIZONTAL do debuxo no
seguinte enlace:
https://drive.google.com/open?id=1SmFaWz20F1cOAAkz5acatdafKk7aF0fA
(Hai que darlle a engadir dende o enlace e xa se sobe a foto).
-Ou ao correo electrónico: info@mancomunidadeordes.gal, engadindo os seguintes datos
no texto da mensaxe: Nome, apelidos, idade e categoría do/a participante e facilitando un teléfono
e un correo electrónico de contacto, así como osa datos do/a pai/na/titor/a legal (nome,
apelidos e DNI)

Os traballos entregaranse dende o luns 23 de marzo ata o luns 30 de marzo ás 20 h.