Noticias

Lun, 05/08/2019
XII TORNEO DE TENIS CONCELLO DE MESÍA 2019

Presentamos os cadros de competición do XII TORNEO DE TENIS CONCELLO DE MESIA 2019, este ano competirán 10 deportistas en dúas categorías.

Está organizado pola Concellería de deportes do Concello de Mesía, e que conta ca colaboración de COCA COLA.

Dom, 04/08/2019
IX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MESIA 2019

O Concello de Mesía enorgullecese da participación e desfrute dos 255 deportistas que se deron cita nas nas Carreiras populares Concello de Mesía 2019 desenroladas o sábado 3 de agosto en Visantoña (Mesía), e quere agradecer as empresas colaboradoras e veciños/as pola súa indispensable colaboración para que estas carreiras fosen un éxito deportivo e de amizade.

Ven, 02/08/2019

 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Vivenda, publicou no DOG núm. 143 do 30.07.2019 a Resolución do 15 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións de programas de fomento de mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan Estatal de vivenda 2018-2021, e se convocan para o ano 2019, con carácter plurianual.

 

Liña A. Programa de fomento de mellora da eficacia enerxética e da sustentabilidade en vivendas.

Liña B. Fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas.
 

O prazo de solicitude remata o 30.08.2019.
 

Máis información en "Ler máis...".

Xov, 01/08/2019
carreira mesia 2017

Ven de rematar o prazo de inscriccións para as IX CARREIRAS POPULARES do 3 de agosto de 2019

Lembramos que xa non se admiten máis inscricións, nin o día da Carreira.

AVISO: CORTES TRÁFICO 19:00-20:30 por zonas en Olas e Visantoña. Desculpen as molestias.

Temos o número de inscritos máis elevado dende que facemos a carreira, polo que queremos agradecelo a 336 inscrit@s!!

Xov, 01/08/2019

Organización do Goberno

O edicto de organización municipal foi publicado no BOP o 15 de xullo de 2019. Pode consultarse premendo aquí.

De conformidade co disposto no Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais, e na Lei 7/1985, do 2 de abril, dáselle publicidade ás seguintes resolucións da Alcaldía:

Mar, 30/07/2019
TORNEO TENIS CONCELLO DE MESIA 2019

O prazo de inscrición para o XII Torneo de tenis remata o 2 de agosto, enviando un mail ca Folla de inscrición ao mail elenarocamoro@concellodemesia.gal

Esta é a duodécima edición do Torneo de tenis non profesional organizado polo Concello de Mesía, que se xogará nas pistas de Xanceda en 3 categorías: individual feminina e masculina, e dobres mixto.
No Facebook Deporte Concello de Mesía seguiremos o Cadro, resultados e Imaxes do Evento.

Mér, 24/07/2019
GALEUROPA 2019
Lun, 22/07/2019
TORNEO IP 2019

Torneo celebrado o 21 de xullo de 2019 no Campo fútbol municipal As Brañas (Visantoña).

Participación de máis de 80 deportistas en 6 equipos.

En categoría MAXI F8 venceu a parroquia de MESÍA ao ALBIXAN.

En categoría SENIOR F11 a clasificación por parroquias foi: 1ª XANCUMBRAOS, 2ª MESIA, 3ª OLAS e 4ª VISANTOÑA

Imaxes na galería de fotos do Facebook Deporte Concello Mesia

Xov, 18/07/2019
CADRO IP 2019 SENIIORS

O TORNEO INTERPARROQUIAL DE FÚTBOL CONCELLO DE MESÍA 2019 contará con seis equipos participantes de diversas parroquias.

No cadro de competición vemos que o domingo as 12:00 mediranse os Maxi (13-16 anos); nunha final directa Albixán contra Mesía.

Tamén o domingo, pero a partir das 17:00 será o turno dos Senior, co Olas, Visantoña, Xancumbraos e Mesía. Mediranse todos contra todos.

 

Lembramos que as categorías van en función de Temporada deportiva na que xogaron esta tempada (non por data de nacemento).

A divertirse!

Lun, 08/07/2019
CARTEL TORNEO IP 2019

Presentamos o Torneo de fútbol interparroquial 2019 que se xogará no Campo municipal de Visantoña os días 20 e 21 de xullo.

INSCRICIÓN XA AMPLIADA ATA O 16 DE XULLO POR EMAIL DOS EQUIPOS por parroquias.  Enviando o "Cadro de inscrición" a elenarocamoro@concellodemesia.gal

Sorteo do cadro de competición o 17 de xullo no Concello. Publicación do cadro de competición na páxina web e no facebook. DEPORTE CONCELLO MESÍA o 18 de xullo.

 

HORARIOS ESTIMADOS do sábado 20 de xullo:

Páxinas