Noticias

Xov, 06/07/2023
TORNEO INTERPARROQUIAL FÚTBOL 2023 - Concello de Mesía

Presentamos o Torneo de fútbol interparroquial 2023 que se xogará no Campo municipal de Visantoña os días 15 e 16 de xullo.

INSCRICIÓN ATA O 10 DE XULLO POR EMAIL DOS EQUIPOS por parroquias. Máximo 3 comunitarios (xente que non sexa da parroquia).

Enviando o cadro de inscrición a actividades@concellodemesia.gal ou tlf: 609353115.

Xov, 29/06/2023
XIMNASIA AIRE LIBRE - Concello de Mesía

A veciñanza do Concello de Mesía está de sorte con esta novidosa actividade para todas as idades os mércores en horario 10:30-11:30h no Complexo deportivo de Mata - Xanceda.

Quedamos con roupa cómoda, calzado deportivo, botella de auga e gorra!

Buscamos exercitar o noso corpo con exercicios - xogos - bailes, a un ritmo adaptado a cada un.

Vémonos o día 5 para movernos pola nosa SAÚDE!!

Xov, 29/06/2023
RUTA DE SENDEIRISMO: SADA - CARNOEDO Concello de Mesia

O domingo, 25 de XUÑO, o grupo de sendeirismo con 33 persoas fixemos a cuarta saída do ano Concello Mesía

Foron uns 10 kms pola costa das Mariñas coruñesas entre Sada e Carnoedo.

A próxima quedada será na ANDAINA POPULAR onde celebraremos o fin de tempada ata setembro.Será o 22 de Xullo en HOSPITAL DE BRUMA.

O percorrido é moi sinxelo para todas as idades: de 5 Kms. Ao rematar cos máis peques faremos CIRCUITO DE CARREIRAS INFANTÍS.

Mér, 21/06/2023
PAI OS CAMIÑOS


O Concello de Mesía no día de hoxe, 21/06/2023, publica, na páxina web e no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal así como no taboleiro do PAI Os Camiños, a lista provisional de admitidos/as-excluídos e de agarda das prazas do Punto de Atención á Infancia Municipal "Os Camiños" para o curso 2023-2024.


Ábrese un prazo de dez días hábiles (ata o 05/07/2023) a efectos de que os/as interesados/as fagan as alegacións ou presenten os documentos e xustificantes que estimen oprotunos no Rexistro xeral do concello.

Unha vez rematado este prazo publicarase a lista definitiva de admitidos/as-excluídos/as e de agarda e abrirase un prazo para a presentación da matrícula e aceptación da praza.

Máis información en "Ler máis" ou chamando ao concello ao 981687001.

Dom, 18/06/2023

CONSULTA O NOSO PROGRAMA DE ACTIVIDADES E EVENTOS PARA ESTE VERÁN:

Temos actividades diversas para todas as idades: campamentos de concicliación para crianzas e rapazada, escolas deportivas de verán e actividades físicas para xuventude-adultos-maiores, saídas a praia ao aquapark e de sendeirismo, actuacións, andaina popular (que sustituirá a carreira), tamén teremos Torneos de fútbol e de tenis, e a festa da auga.

PISCINAS MUNICIPAIS:

Informamos do novo horario da piscina infantil: de luns a venres as 16:00-21:00. Durante fines de semana e festivos será igual que o horario da piscina grande 12:00 - 21:00.

O martes 20 de xuño abre a piscina grande e o 26 de xuño tamén a infanil.

Ven, 16/06/2023

O Concello de Mesía informa de que se vai realizar o Programa Concilia Xove para nenos de máis de 12 anos (de 12 a 16 anos). 

As actividades previstas neste programa serán moi variadas: baile, cociña, deportes, pintura, novas tecnoloxías, artesanía, ... Un montón de posibilidades para os máis xoves. O programa realizarase durantes as tres últimas semanas de xullo en horario de 10 a 14 horas.

O prezo será de 25 euros as tres semanas, 15 € se participas menos de 3 semanas.

O prazo de inscrición remata o 5 de xullo presentando a folla de inscrición cuberta na Casa da Cultura ou por email casadacultura@concellodemesia.gal.

Máis información chamando ao concello.

 

 

Lun, 12/06/2023
CAMPA XOECON Concello de Mesía 2023

O Concello de Mesía informa de que o 14 de xuño abre o prazo para a inscrición de nenos e nenas, ata 12 anos, inclusive, no Campamento de Conciliciación do verán. 

Ofértanse 6 quendas entre o 22 de xuño e o 8 de setembro. En horario de 9:00 a 14:00 horas.

Lun, 05/06/2023

O Concello de Mesía informa que o Instituto Galego de Vivenda e Solo publicou no DOG núm. 104, do 02/06/2023, a Resolución do 16 de maio de 2023 pola que se modifican as bases reguladoras do Programa de mellora da accesibilidade en e ás vivendas do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025 e se procede á súa convocatoria para o ano 2023, con carácter plurianual.

O obxecto destas axudas é facilitar a adaptación tanto exterior como interior de diferentes tipos de inmobles residenciais para o uso por persoas con algún tipo de discapacidade.

Podrán acollerse ao programa as persoas físicas donas, usufrutuarias ou inquilinas de inmobles, as comunidades de veciños, as sociedades cooperativas e as empresas construturas, propietarias ou arrendatarias de edificios.

Con carácter xeral, as axudas cubrirán, como máximo, o 60 % do custo da actuación. Esta porcentaxe poderá incrementarse ata o 80 % se na vivenda ou edificio reside unha persona con discapacidade ou maior de 65 anos.

O prazo de solicitudes destas axudas remata o 17/07/2023 ou ata o esgotamento do crédito.

Máis información en "Ler máis"

 

Mar, 30/05/2023

O Concello de Mesía informa de que está publicada na Plataforma de Contratación do Sector Público a licitación para a "Explotación do bar cafetería da piscina municipal", expediente C02E/2023.

O prazo para a presentación de propostas remata o día 06/06/2023 ás 23.59 horas. 

Máis información en "Ler máis".

Mar, 23/05/2023
RUTA DE SENDEIRISMO SOBRADO DOS MONXES - Concello de Mesía

O domingo, 21 de maio, 43 persoas fixemos a terceira saída de sendeirismo do ano.

Foron uns 9 kms polo Camiño Espiritual de San Pedro de Mezonzo (Vilasantar - Sobrado).
Desde o Santuario da Nosa Señora da Laxe ata Sobrado dos Monxes.

Agradecemos a colaboración da Asociación A Raiña, como guías e como constructores desta bonita Ruta.

A próxima ruta derá o 25 de xuño pola COSTA de Sada a Mera (Oleiros, A Coruña). Despois descansaremos ata retomar en setembro.

Páxinas