CONCURSO "FÓRMULAS PARA ACADAR A IGUALDADE"

Ven, 26/02/2021
CONCURSO "FÓRMULAS PARA ACADAR A IGUALDADE"- Concello de Mesía 2021

En Mesía seguimos Tecendo Igualdade e gustaríanos saber cales son as vosas fórmulas para acadar a igualdade.

Este concurso quere valorar as fórmulas que máis ME GUSTA  reciban tras  publicalas no noso facebook o día 8 de marzo.

BASES DO CONCURSO:

  1. Crea a túa propia fórmula: as fórmulas poden ser con símbolos, debuxadas ou escritas.    (Por exemplo:    "nin + nin -  ="       "Nin máis nin menos, igual".)
  2. Envía por wassap ao 699 453 750 ata o día 3 de marzo.
  3. Nós publicarémolas o 8 de marzo: movédeas nas vosas redes para que vos voten.
  4. O 9 marzo publicaremos o reconto final según os ME GUSTA que recibiran. As primeiras recibirán os premios do concurso.
  5. Repartiremos ata 3 premios de 50 € según participación, para gastar no comercio local.