CONCURSO PÚBLICO PARA A ADXUDICACIÓN DE DÚAS PRAZAS DE TAXI

Xov, 23/04/2026

O Concello de Mesía informa de que, ao abeiro do establecido no artigo 8 da Lei 4/2013, do 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia, convocou a través do seu Perfil do Contratante, aloxado na Plataforma de Contratación do Sector Público, concurso público para a adxudicación de dúas licenzas de taxi.

Os interesados poderán acceder á información deste concurso no seguinte enlace: EXPTE. C04-2026. CONCESION DÚAS LICENZAS TAXI. 

O prazo de presentación de solicitudes é ata o día 06/05/2026.

Máis información chamando ao concello ao 981687001.