CONSULTA PARQUE EÓLICO LEGRE

Lun, 04/07/2022

Acordo de 22 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambienta (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Legre, nos concellos de Mesía e Oza-Cesuras (ACoruña), (exp. IN408A 2020/097).

Solicitante/Promotor: GREEN CAPITAL POWER, SL

Potencia máxima do parque: 37,95 MW

Núm. Aeroxeradores a instalar: 7 ud. × 6 MW de potencia nominal unitaria

Sete (7) aeroxeradores tripá, modelo SG170, de 5,42 MW de potencia nominal unitaria, altura de buxa de 115 m e diámetro do rotor de 170 m.

Unha torre metereolóxica de 117 m e unha subestación 132/30 kv.

O proxecto faise público para o coñecemento xeral e para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada na oficina técnica de urbanismo do concello os LUNS, MÉRCORES E VENRES en horario de 10:00 a 15:00 h, se é o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG). Publicado o luns 04 de xullo de 2022 no DOG Núm 126.

Prazo para remitir alegacións/achegas/opinións: 05/07/2022 - 18/08/2022

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 17, así como nas casas consistoriais de Mesía e Oza Cesuras.

Ademais, esta documentación tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación a través do seguinte enlace:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion?content=expediente_0188.html