Consulta pública ao Proxecto Parque Eólico Mesía, Cesuras e Abegondo

Mér, 18/04/2018

O MInisterio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente a través da Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental notificou a apertura do período de consultas na avaliación de impacto ambiental do proxecto denominado “Parque Eólico A Pobra de 52MW, Líneas a 30 KV, Subestación Eléctrica 30/220 KV e Liña Eléctrica a 220 KV para evacuación nos TT.MM. Mesía, Cesuras e Abegondo (A Coruña)”, cuxo promotor é Green Capital Power, S.L,  e documento inicial, segundo o establecido polo artigo 34 da Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm 296, de 11 de decembro de 2013).

 

O documento inicial e os planos do proxecto de dito parque eólico poderán consultarse na páxina web do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente na url: http://www.mapama.gob.es/es/

--En Áreas de Actividade elixa Calidade e Avaliación Ambiental. 

--En Temas seleccionar Avaliación Ambiental e pulsar en Consulta de Proxectos o Consulta de Plans.

--Abrirase unha ventana de Avaliacións Ambientais, e buscar no campo título e cliquear en buscar o Nº de Expediente: 20180026.

 

O prazo de remate do período de consultas é o 24 de maio de 2018.

 

Dende o Concello de Mesía solicitáronse distintos informes sobre o estudo da avaliación do impacto ambiental do proxecto co gallo de predecir os efectos negativos do proxecto, e segundo se desprenda da súa análise e estudo, formularanse as oportunas alegacións.