CONVOCADAS AS AXUDAS AUTONÓMICAS PARA O FOMENTO DE UTILIZACIÓN DE MAQUINARIA EN RÉXIME ASOCIATIVO
Lun, 16/03/2015
O Concello de Mesía informa sobre a convocatoria de subvencións para incentivar o emprego de maquinaria agrícola en réxime asociativo, que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia. Son unhas axudas financiadas con fondos Feader, do ministerio e da Xunta.
A convocatoria ten como finalidade racionalizar os custos de mecanización, incrementar os mecanismos de seguridade no traballo, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no medio rural.
Poderán beneficiarse destas axudas as Cooperativas de Utilización de Maquinaria Agrícola (CUMA) e Sociedades Agrarias de Transformación (SAT) que teñan como obxectivo prioritario a adquisición de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario ou agroforestal, así como as cooperativas agrarias con sección específica de maquinaria agrícola.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde este martes 17 de marzo.

Pode consultar a convocatoria no DOG.