CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA TRANSPORTE ESCOLAR DO CURSO 2017-2018

Mér, 11/10/2017
AXUDAS TRANSPORTE ESCOLAR MESIA 2017- 2018

O Concello de Mesía publicou no Boletín Oficial da Provincia (BOP) núm. 184, o día 27.09.2017, a convocatoria de axudas para o transporte escolar durante o curso 2017-2018 para estudantes que residan no concello e cursen estudos de bacharelato ou formación profesional con título homologado fóra dos límites do concello e para os que teñan que desprazarse diariamente. Exclúense os estudos superiores (universitarios, doutorados, …).

Máis información dos requisitos no documento que adxuntamos.