CORENTA PATINADORES/AS DO CONCELLO PARTICIPARON NA GALA DE PATINAXE DE FRADES

Sáb, 22/04/2017
MESÍA PATIN EN FRADES 2017

As Escolas Deportivas Municipais de Patinaxe do Concello de Mesía participaron a tarde do sábado 22 de abril na Gala de Patinaxe de Frades.
Corenta patinadores do Concello fixeron bailes no Pavillon de Pontecarreira xunto con outros oitenta que acudiron de Cerceda, Curtis e Frades.

O Concello de Mesía agradece a implicación de familiares e amig@s para que a xornada fora de disfrute para tod@s.