CURSO ACTIVIDADES AUXILIARES DE ALMACÉN

Xov, 12/09/2019
PROXECTO EIXO_ ITINERARIO COMERCIO E LOXÍSTICA

 Dentro do PROXECTO EIXO_Estratexia de Inserción Xove da liña 4 do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña, estase a programar a impartición das accións formativas da 2ª edición do Itinerario de Comercio e Loxística que inclúe ó acceso ao carnet C e ao certificado de aptitude profesional para o transporte de mercancías (CAP) como formación complementaria.

ALUMNADO: Mozos desempregados de entre 18 e 30 anos

LUGAR: A formación teórico- práctica realizarase nas instalacións que oferta a empresa adxudicataria en A Barcala-Cambre  e no Polígono Industrial de Ledoño (Culleredo).

 DATA:  Inicio previsto para outubro, será comunicada a data ao longo do proceso de selección.

INSCRICIÓN:  No Concello, ata o luns 23 de setembro ás 14:00 horas.