CURSO "TEMPO CONECTADOS" PARA APRENDER A UTILIZAR TABLETS

Xov, 27/05/2021
CURSO "TEMPO CONECTADOS" - Concello de Mesía

Comezou o curso “TEMPO CONECTADOS”. Pretendemos dar formación básica dixital a xente adulta do noso concello, unha formación totalmente práctica onde cada quen vai o seu ritmo.

Os cursos que xa se están impartindo son nas parroquias de Mesía e Visantoña para un total de 16 persoas.

Se non poidestes anotarvos e vos interesa, ainda podedes facelo no teléfono: 699453750. E se se xunta xente  na vosa parroquia farase alí.

Os cursos son totalmente gratuitos e  deixarasevos unha tablet mentras dure o curso que poderedes levar para a casa e así practicar os contidos de cada sesión.  É a oportunidade  para  iniciarvos dun xeito moi sinxelo no mundo dixital.

CONECTASTE?

Galería de imaxes: 
CURSO "TEMPO CONECTADOS" - Concello de Mesía
CURSO "TEMPO CONECTADOS" - Concello de Mesía