CURSOS DE LINGUA GALEGA PREPARATORIOS PARA OBTENCION CERTIFICADOS CELGA

Mar, 14/03/2017
celga mesia 2017

O Concello de Mesía informa que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia publicou no Diario Oficial de Galicia núm. 47, o 08.03.2017,  a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 28 de marzo de 2017.

Para máis información neste link, e chamando ao concello ao teléfono 981 687 001 ao departamento de Emprego e promoción económica.