Declaración de impacto ambiental concesión mineira Xanceda 7138

Ven, 14/06/2019

ANUNCIO do 29 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación da concesión mineira Xanceda número 7138, concellos de Frades e Mesía (A Coruña), promovido por Erimsa (clave 2016/0201).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, punto 3, faise pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación da concesión mineira Xanceda nº 7138, concellos de Frades e Mesía (A Coruña), promovido por Erimsa.

Esta declaración de impacto ambiental pódese consultar na seguinte ligazón http://www. cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, baixo).