DEPORTE SOLIDARIO NO NADAL: TEMOS AS FURNAS NA CASA DA CULTURA ATA A ENTREGA DAS DOAZÓNS

Lun, 21/12/2020
DEPORTE SOLIDARIO A FAVOR DA AECC E CÁRITAS - Concello de Mesia

Xa estamos recollendo as vosas achegas na Casa da Cultura e as furnas estarán aqui ata o 3 de xaneiro as 18 h. que entregaremos as doazóns recollidas da veciñanza.

Ainda que non podamos facer Torneo contra o cáncro...retomamos a solidariedade dende o deporte, achegando a posibilidade de intermediar con vós para colaborar ca  AECC (Asoc. española contra o cáncro) e con CÁRITAS para familias necesitadas da parroquia. Solo podemos recoller cartos nas furnas habilitadas para elo, xa que este ano non podemos coller alimentos fisicamente.

A xornada deportiva e solidaria cambia ao 2 de xaneiro polo mal tempo. Esta xornada familiar, será unha mestura de MOVEMENTO con: de andaina, visita Museo, e presentación do PRIMEIRO CIRCUITO SAUDABLE MUNICIPAL do Concello de Mesía.

Galería de imaxes: 
DEPORTE SOLIDARIO A FAVOR DA AECC E CÁRITAS - Concello de Mesia