"Deseñando o teu futuro"-proxecto piloto de estancias-visitas en empresas

Dom, 03/07/2016

A Mancomunidade de Ordes en colaboración cos concellos da Comarca de Ordes vai levar a cabo o programa “Deseñando o teu futuro”, un programa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, cuxo proxecto de educación non formal de estancias- visitas en centros de traballo destinado a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e 18 anos.

De conformidade co artigo 7 da Lei  6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia,  a Xunta de Galicia, de cara a planificación xeral dos programas relacionados coa educación e coa execución de políticas transversais de educación a favor da mocidade, coordinará accións e medidas de apoio, dirixidas á educación formal como á non formal. E constitúe un obxectivo prioritario, entre outros, desta planificación o apoio da educación non formal da xuventude como complemento da educación regrada, co obxecto de contribuír á aprendizaxe permanente.

Obxectivos:

Aproximación dos/as mozos/as ás distintas tipoloxías de postos de traballo existentes no mercado laboral.

Axudar aos mozos/as  na toma de decisión do seu futuro perfil profesional, para os efectos de que coñezan “ a realidade da empresa” previamente a decidir a súa traxectoria formativa profesional.

Achegar aos mozos e mozas  ao mundo sociolaboral.

Apoiar aos mozos e mozas participantes en actividades de formación para adquirir coñecementos e habilidades que axuden a complementar o seu desenvolvemento persoal e futura formación profesional.

Ofrecer á xuventude unha experiencia de educación non formal para o desenvolvemento de coñecementos, aptitudes e competencias.

Destinatarios: mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e 18 anos no momento de presentar a solicitude.

Prazas: 30 participantes.

Sectores: administración, carpintería metálica, automoción, panadería, carpintería de madeira, sector lácteo, hostalería, industria da madeira, sector agrícola.

Máis información http://www.mancomunidadeordes.org/noticias/mancomunidade-1798/a-mancomun...