AS DÚAS SAÍDAS LÚDICAS DO NADAL DO CONCELLO, DE PATINAXE E CINE E A XUVENLUGO, SUPERAN OS CEN PARTICIPANTES CADA UNHA

Xov, 31/12/2015

Xuvenlugo 29-12-2015As dúas saídas lúdicas incluídas na programación de Nadal do Concello de Mesía obtiveron un enorme éxito de participación.

A excursión de patinaxe sobre xeo e cine na Coruña, o 22 de decembro, rexistrou 105 inscricións. Puideron participar maiores de cinco anos, se ben os menores ata doce anos foron acompañados por adultos. A mañá aproveitárona para utilizar a pista de xeo instalada nun centro comercial. E tras o xantar, asisitiron a proxeccións de cine. O título escollido para os máis pequenos foi 'Hotel Transylvania 2' e os maiores optaron pola última entrega de Star Wars.

Este pasado martes, 29 de decembro, desenvolveuse a saída ao salón de ocio Xuvenlugo, habitual na programación destas datas do Concello de Mesía. Neste caso, os participantes foron 120. O salón de ocio infantil e xuvenil, situado no Pazo de Congresos de Lugo, ofreceu atraccións de todo tipo de tamén un espazo específico para os menores de tres anos.

Galería de imaxes: 
Saída de patinaxe sobre xeo e cine 22-12-2015
Saída Xuvenlugo 29-12-2015