EN MESÍA MIRAMOS DE FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO

Ven, 06/11/2020
 EN MESÍA MIRAMOS DE FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO

Co gallo da conmemoración do próximo 25 de novembro "Día da loita contra a violencia de xénero" a Deputación pon en marcha unha campaña online e colaborativa baixo o lema "De fronte á violencia de xénero".

O Concello de Mesía implícase nesta campaña mirando de fronte á violencia de xénero neste mes de novembro: iremos avisando das actividades da campaña para que participedes en liña, estendendo o chamado á acción a calquera outra entidade do tecido social, educativo e empresarial, familias, etc.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES:

  • Contaremos con tres palestras informativas: compartiremos tres pílulas de formación sobre violencias machistas, desde diferentes olladas. As diferentes profesionais que participan desta actividade trasladarán, desde a súa experiencia profesional, as súas impresións sobre a normalización da violencia de xénero e sexual na mocidade, as ciberviolencias machistas, e a representación da violencia de xénero nos medios de comunicación.  En aberto desde o 4, 11 e 18 de novembro:

            1) "A normalización da violencia de xénero e sexual na mocidade" (xa está aberta).

            2) "De que falamos cando falamos de ciberviolencias machistas?"  desde o 11 novembro

            3) "As representacións da violencia de xénero nos medios de comunicación"   desde o 18 de novembro

 

  • A partir do día 4 de novembro se ofrecerán online e en aberto tres conferencias que abordarán a violencia de xénero desde diferentes perspectivas, como o da mocidade, da man de Vanessa Rodríguez Pousada, das tecnoloxías da información, con Sara Vierna Fernández, e dos medios de comunicación, con Ana Sanmartín López.

 

  • O CONCURSO DE DESAFIO POÉTICO, se desenvolverá entre o 4 e o 26 de novembro e que consiste en compartir en Facebook ou Twitter un texto poético, propio ou non. O premio serán tres bonos de 60€ para gastar en librarías da provincia.

 

 

Lembrade que podedes compartir nas redes a campaña, así como a vosa participación, a través do cancelo #defronte.

Galería de imaxes: 
DE FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO CONCELLO DE MESIA 2020
DE FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO CONCELLO DE MESIA 2020