ENTRADAS PARA IR VER O TROFEO TERESA HERRERA DE FÚTBOL O SÁBADO EN RIAZOR

Lun, 05/08/2019
TROFEO TERESA HERRERA 2019

A Deputación cede entradas gratuitas, aos nenos/as con pais/nais empadroados no Concello de Mesía, para acudir a ver ao Depor Abanca feminino e ao Depor masculino o sábado 10 de agosto en Riazor xa que disputan o TORNEO TERESA HERRERA:

18:30 DEPOR ABANCA - UD Granadilla Tenerife (Feminino).

21:00 RC DEPORTIVO - Real Betis

Interesados poden reservar entradas: chamando o martes 6 e o mércores 7 ao Concello de Mesia no teléfono 981 687 001, e pasando a recollelas o venres 9 de 13:00 a 15:00 horas.

IMPORTANTE: Imprescindible que vaia neno/a con adulto así coma chamar martes ou mércores para que fagamos a petición de entradas. Despois desas datas non teríamos posibilidades de acadalas. 

Límite de 50 entradas por Concello.

FORZA DEPOR!

Galería de imaxes: 
TROFEO TERESA HERRERA 2019