ENTRAMOS NAS SEMIFINAIS DO X TORNEO DE TENIS CONCELLO DE MESÍA

Dom, 13/08/2017
X TORNEO DE TENIS MESIA 2017

Actualizados os Cadros de competición do noso X TORNEO DE TENIS, no que participan máis de vinte tenistas en tres categorías.

Xógase durante todo o mes de agosto nas Pistas de Mata - Xanceda.

A competición dobres e masculina será por eliminación en varias fases, con finais o 2 de setembro de 10:30 a 14:00 horas.

A categoría feminina xogará un sistema liguilla en tres xornadas, o día das finais recibirán os trofeos.

A empresa colaboradora Coca Cola regalará Aquarius en cada partido que se dispute.

O Concello de Mesía organiza o evento e entregará trofeos nas finais, e agradece a participación nesta décima xa, edición, do Torneo de Verán de tenis.

Para facer seguemento do Torneo poden consultar no Facebook Deporte Concello Mesía.

Galería de imaxes: 
CADRO FEMININO X TORNEO TENIS
CADRO DOBRES X TORNEO TENIS
CADRO MASCULINO X TORNEO TENIS