Hoxe tivo lugar a excursión á comarca do Bierzo (León) organizada polo Concello de Mesía, coa participación de numerosos veciños e veciñas. Todos eles disfrutaron da visita, na que puideron coñecer Villafranca del Bierzo, unha adega e un museo etnográfico.
Noticias
Sáb, 18/10/2014 |
|
|
Lun, 13/10/2014 |
O Concello de Mesía informa de que os vindeiros xoves 16 e venres 17 celébranse en Ordes unhas xornadas de motivación para o emprendemento. Están organizadas pola Mancomunidade de Ordes, o Concello de Ordes e a Deputación da Coruña, coa colaboración do IGAPE. Terán lugar na Casa da Cultura de Ordes en horario matinal. A inscrición é de balde e continúa aberta nos teléfonos 981 68 00 02 (extensión 113) e 981 68 06 79. |
|
Xov, 02/10/2014 |
O Concello de Mesía divulga a convocatoria de subvencións para o fomento da silvicultura en bosques, que a Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia. Son axudas orientadas á mellora silvícola de masas forestais existentes, con especial atención á consolidación dos bosques de frondosas caducifolias e sobreiras, así como o aumento da superficie forestal arborizada. |
|
Mér, 01/10/2014 |
O Concello de Mesía informa de que desde hoxe xa se poden solicitar de novo permisos de queima de restos agrícolas ou de restos forestais amoreados. É unha decisión da Xunta, de acordo coa normativa vixente, unha vez rematada a época oficial de perigo alto de incendios forestais en Galicia. Toda a información en 'ler máis'. |
|
Lun, 29/09/2014 |
O Concello de Mesía estrea hoxe as dúas curtametraxes elaboradas polos cincuenta nenos e nenas participantes nos obradoiros Xogar e Conciliar (XoeCon) do verán recén rematado. O obradoiro de videocreación, impartido por Illa Bufarda, baseouse en animacións con plastilina coas que se recrearon dúas narracións da tradición oral, sen esquecer a perspectiva crítica. As curtas son 'Un cesto de patacas' e 'A lenda do castelo da Pobra de Mesía'. Máis información en 'ler máis'. |
|
Lun, 29/09/2014 |
O Concello de Mesía acaba de convocar as axudas ao transporte de estudantes para o curso 2014-2015. A convocatoria aparece publicada hoxe no Boletín Oficial da Provincia. As solicitudes poden presentarse desde mañá martes 30 de setembro ata o venres 31 de outubro. As subvencións contan cun orzamento dispoñible de 5.400 euros. Cada unha delas poderá acadar un tope de 250 euros. Están dirixidas a estudantes que residan no municipio e cursen estudos de ensinanza secundaria ou formación profesional cun título homologado fóra dos límites do concello. Están excluídos os estudos superiores, como titulacións universitarias ou doutorados. |
|
Lun, 29/09/2014 |
O Concello de Mesía acaba de convocar as axudas ao transporte de estudantes para o curso 2014-2015. A convocatoria aparece publicada hoxe no Boletín Oficial da Provincia. As solicitudes poden presentarse desde mañá martes 30 de setembro ata o venres 31 de outubro. As subvencións contan cun orzamento dispoñible de 5.400 euros. Cada unha delas poderá acadar un tope de 250 euros. Están dirixidas a estudantes que residan no municipio e cursen estudos de ensinanza secundaria ou formación profesional cun título homologado fóra dos límites do concello. Están excluídos os estudos superiores, como titulacións universitarias ou doutorados. |
|
Lun, 22/09/2014 |
'Os Bolechas e o Sabichón' chegan o vindeiro domingo 28 de setembro (18 horas) á Casa da Cultura de Mesía. Esta actuación, pensada para nenos e nenas a partir de tres anos, ten entrada de balde ata completar o aforo do auditorio. É preciso inscribirse previamente ata este venres 26 para confirmar asento. É unha actividade que está promovida polo programa de dinamización lingüística FalaRedes, do que forma parte o Concello de Mesía. |
|
Xov, 18/09/2014 |
O Concello de Mesía abre desde hoxe, xoves 18 de setembro, o prazo para inscribirse nas actividades municipais para o curso 2014-2015. Estes días están chegando a todos os domicilios do municipio os boletíns coa programación completa para que a cidadanía poida consultar as opcións que máis lle interesan. A oferta é ampla e variada e ofrece alternativas para a infancia, a xuventude, a poboación adulta e a terceira idade. |
|
Mér, 17/09/2014 |
O albergue de peregrinos de Mesía, situado en Hospital de Bruma, recibiu hoxe a peregrinación de directivos da International National Trusts Organisation (INTO), unha entidade con presenza en 68 estados e uns sete millóns de socios. A visita, na que os acompaña o colectivo Tesouros de Galicia, integrante da INTO, ten a intención de promover o Camiño Inglés por todo o mundo. O Concello de Mesía, representado pola concelleira de Cultura, Pilar Sánchez, acolleu os peregrinos con produtos da gastronomía do municipio, explicoulles a historia do albergue e a singularidade territorial da parroquia de Bruma. |
|
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- seguinte ›
- última »