ESTE DOMINGO DISPÚTASE O INTERPARROQUIAL DE FÚTBOL DO CONCELLO DE MESÍA, COA NOVIDADE DA CATEGORÍA DE FÚTBOL 5

Xov, 28/08/2014
Cadro competición

a mañá de hoxe xoves sorteouse o cadro de competición do Torneo Interparroquial de Fútbol Concello de Mesía 2014, que se disputa o vindeiro domingo 31 de agosto no campo municipal de céspede artificial en Visantoña.

En total, nesta edición do torneo participan nove equipos de cinco parroquias. A novidade nesta ocasión é a categoría de fútbol 5, con xogadores de cinco a nove anos das parroquias de Mesía e de Visantoña. O seu partido xogarase ás 11:45 horas.

A competición de fútbol 8 desenvolverase durante a mañá, desde as 10:00 ata as 13:45 horas, cando se entregarán os trofeos. Nesta categoría competirán os equipos de Cumbraos, Mesía, Visantoña e Xanceda, campión no torneo de 2013.

E a categoría de fútbol 11 ten en liza os equipos de Mesía, Olas (gañador en 2013) e Visantoña. Os partidos comezan ás 15:30 horas e a entrega de trofeos está prevista para as 18:30 horas.

O Torneo está organizado pola Concellería de Deportes do Concello de Mesía e conta coa colaboración de Coca-Cola.

O Concello de Mesía anima a achegarse a apoiar os distintos equipos e ver este espectáculo deportivo.

Pode obter o cadro de competición en formato pdf.