ESTE SÁBADO 23 CELÉBRASE A FESTA DA AUGA E DA ESCUMA

Lun, 18/08/2014

O Concello de Mesía celebra o vindeiro sábado 23 de agosto a Festa da Auga e da Escuma 2014. Comezará a partir das 16:30 horas no complexo deportivo municipal da Mata, en Xanceda. Poden asistir persoas de todas as idades, sen necesidade de que saiban nadar. Os nenos deberán acudir acompañados de persoas adultas. A festa consistirá nunha xincana de xogos no campo contiguo á piscina e ás pistas de tenis. Serán varias probas de auga por equipos. Nunha zona próxima estará instalada a lanzadeira de escuma. E para quen saiban nadar instalaranse xogos inchables na piscina. Non faltarán algunhas sorpresas adicionais. A actividade é gratuíta, aínda que cómpre inscribirse previamente no 981 68 72 41 co propósito de avisar dunha eventual suspensión da festa no caso de inclemencias meteorolóxicas. De todos os xeitos, as previsións anticipan que o vindeiro sábado Mesía acadará unha temperatura de 24º, cun día soleado e co 0% de probabilidades de chuvia.