ESTE SÁBADO 9 CELÉBRASE EN OLAS A III GALA INTERMUNICIPAL DE PATINAXE ARTÍSTICA DA COMARCA ULLA-TAMBRE

Mér, 06/05/2015

Este sábado 9 de maio celébrase no polideportivo municipal en Olas a III Gala Intermunicipal de Patinaxe Artística dos Concellos da Comarca Ulla-Tambre.

O evento comezará a partir das 17 horas con bailes de cada grupo. Posteriormente, ás 18:30 horas, entregaranse as medallas e a merenda aos patinadores e patinadoras.

Participarán 140 deportistas entre os catro e os quince anos, pertencentes aos municipios de Boimorto, Cerceda, Frades, Melide, Mesía, O Pino e Toques. 

Os obxectivos desta xuntanza son crear hábitos de vida saudable, fomentando a actividade física no tempo libre; que os rapaces e as rapazas poida coñecer outros coa mesma afección pola patinaxe; amosar as actividades sobre rodas adquiridas ao longo do curso escolar; e sobre todo pasar unha tarde divertida. 

A Gala está organizada polo Concello de Mesía, en colaboración cos demais Concellos da Comarca Ulla-Tambre e o programa Xogade.