ESTE VENRES 14 DE AGOSTO SERÁ A PRIMEIRA ACTUACIÓN DE "CULTURA NA CAMPOSA"

Lun, 10/08/2020
Concello de Mesía 2020 CULTURA NA CAMPOSA

Comezamos as actuacións de CULTURA NA CAMPOSA  con  XANPATITO PATIO  e o seu  espectáculo  "SÓ".

Esta primeira actuación será o venres 14 de agosto  ás 19: 00 h. no  Campo das piscinas municipais en Xanceda.

PARA INSCRICIÓN E RESERVA DE ESPAZOS: Importante chamar ao Concello 981 687 001 (ext. 3).

 

O espectáculo está encadrado dentro do programa da Xunta "CULTURA NO CAMIÑO" e  realizada grazas a Gadis, Xacobeo  e Xunta de Galicia.

Ao longo de agosto continuaremos con esta  programación o aire libre,  chea de grandes artistas e de bos espectáculos, unha boa camposa e unha boa sombra  onde poderedes  sentarvos  a desfrutar .Só falta o público para elo contamos que vos acheguedes. Os espectáculos son para público familiar, de seguro que vos vai encantar!!!

22 DE AGOSTO – ÁS  17:00h- Campo da piscina municipal_ CULTURAACTIVA PRODUCCIÓNS –TEATRO -  "SAABOR!"

Rede cultural da Deputación da coruña

29 DE AGOSTO –ÁS 18:00- Campo da piscina municipal_ A GRAMOLA GOMINOLA

Cultura no camiño