ESTE VENRES 9 PRESÉNTASE NA CASA DA CULTURA EN XANCEDA O LIBRO COA BIOGRAFÍA DE ANTONIO GÓMEZ CARNEIRO

Mér, 07/01/2015
Presentación Libro Antonio Gómez Carneiro

Este venres 9 de xaneiro preséntase na Casa da Cultura o libro 'A República da Berxa. Antonio Gómez Carneiro e o seu tempo (1899-1979)', unha biografía de quen foi alcalde de Mesía en dous intervalos da Segunda República. No acto intervirá o historiador Manuel Pazos Gómez, autor do libro, e Emilio Grandío Seoane, profesor da Universidade de Santiago de Compostela. Participarán tamén Paula Fernández, autora dun anexo onde se transcriben actas das sesións celebradas no Concello o 10 de marzo e o 2 de xullo de 1936, e Gonzalo Veiras, autor do anexo 'Antonio Gómez Carneiro, o industrial: dos cereais á enerxía eléctrica'. Como representación institucional, intervirán tamén o alcalde de Mesía, Mariano Iglesias, o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o alcalde de Ordes, Manuel Regos, como presidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes. Ao remate da presentación, actuarán as cantareiras da 'Escola de Música e Baile Tradicional de Mesía' e 'Mini e Mero'.