ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NO TORNEO INTERPARROQUIAL DE FÚTBOL

Dom, 19/07/2015

Hoxe disputouse o Torneo Interparroquial de Fútbol Concello de Mesía 2015, no campo municipal de céspede artifical en Visantoña. A competición foi todo un éxito de participación, con 130 xogadores de once equipos no conxunto das tres categorías de idade.

Na primeira categoría, a F5, para xogadores de entre 5 e 10 anos de idade, gañou o equipo Albixán, composto por xogadores de diversas parroquias. A segunda posición foi para a parroquia de Visantoña e a terceira para a de Mesía.


 
En categoría F8, de 11 a 15 anos de idade, produciuse un triplo empate a puntos entre os equipos de Cumbraos, Mesía e Visantoña. O 'gol average' definiu a clasificación final, co primeiro posto para a parroquia de Cumbraos, o segundo para o equipo de Mesía e o terceiro para o de Visantoña. A cuarta praza foi para o equipo de Xanceda.
 

 
A categoría F11, para maiores de 16 anos, viu triunfar o equipo de Visantoña. Foi na tanda de penaltis fronte ao de Mesía, xa que a final concluíu con empate. A terceira praza foi para o equipo de Xanceda e en cuarto lugar quedou o equipo de Olas.
 
O alcalde de Mesía, Mariano Iglesias Castro, e o concelleiro de Deportes, José Pardo Álvarez, entregaron os trofeos e felicitaron aos participantes pola deportividade e o bo nivel técnico no que se desenvolveu a competición. O Torneo está patrocinado por Coca-Cola.
 
Galería de imaxes: 
Mesía
Olas
Visantoña
Xanceda