A FESTA DOS REIS MAGOS TRASLÁDASE AO PAVILLÓN DE VISANTOÑA
Mér, 30/12/2015
A Festa dos Reis Magos será este ano no pavillón municipal en Visantoña, situado a carón do colexio do Pedrouco.
A celebración desenvolverase entre as 16:30 e as 20 horas do 5 de xaneiro.
Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán todos os nenos e nenas para escoitar as súas peticións e entregarlles os primeiros agasallos.
A festa contará cun futbolín humano, inchables para grandes e para pequenos, unha pista de obstáculos e un obradoiro de abalorios. Tamén se ofrecerá unha merenda con roscón de Reis, chocolate e refrescos.
Para participar nesta festa, cómpre inscribirse na Casa da Cultura, chamando ao teléfono 981 68 72 41.
Dadas as características do chan do pavillón, recentemente acondicionado, o Concello empraza ás persoas participantes a non acudir con zapatos de tacón para evitar posibles danos. O pavillón de Visantoña escolleuse para esta celebración por reunir unhas condicións máis idóneas que o polideportivo do CEIP de Xanceda, onde se celebraba ata agora.