GALEUROPA 2018

Ven, 20/07/2018
GALEUROPA 2018

Dende o venres 20 de xullo, ata o venres 3 de agosto, ábrese o prazo para inscribirse no programa Galeuropa 2018.

A convocatoria da Mancomunidade de Ordes conta con vinte prazas dispoñibles. Prevé prácticas en empresas do Reino Unido, Italia e Holanda. Poden participar mozos e mozas maiores de idade que formen parte do sistema de Garantía Xuvenil. Aínda que as prácticas non están remuneradas, o programa cubre o 100% dos custos.

Máis información en galeuropa@mancomunidadedeordes.org ou nos teléfonos 981 680 679 ou 607 642 863.

Esta iniciativa está cofinanciada pola Consellería de Política Social, a Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo.