GAÑADORAS DO CONCURSO "CÓNTANO ELAS"

Mér, 06/04/2022





O concurso "Cóntano ELAS" resolveuse con dúas gañadoras. Dous primeiros premios para Adriana García Cruz e Lucía Manteiga Garcia que fixeron protagonistas ás súas avoas:  a avoa Marisa e a avoa Carmen. Elas son as mulleres ás que fan referencia nos seus relatos. Para Elas é a homenaxe das súas netas.

As agraciadas terán como premio unha tablet, para cada unha, que lles serán entregadas no CPI de Xanceda onde cursan estudos.

O Concello agradece a colaboración da responsable de Dinamización Lingüística e da responsable da Biblioteca, ambas profes do CPI de Xanceda, así coma da axente de igualdade do CIM da Mancomunidade de Ordes.

Pinchar nos documentos adxuntos para ler os relatos premiados.